Ourense, 21 de setembro de 2026. O presidente da Confederación de Empresarios de Ourense, David Martínez Alonso, recibiu esta mañá na sede empresarial o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, nun encontro de traballo no que ambos estiveron acompañados polo secretario xeral da CEO, Jaime Pereira Novoa, e pola secretaria do centro universitario, María Concepción Álvarez Gómez.
Este encontro institucional deixou clara a intención de establecer unha colaboración firme entre a entidade empresarial e a UNED. O mundo empresarial ourensán precisa diversas accións formativas e, neste eido, a UNED pode actuar desde a súa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e desde os grupos de investigación, tanto da devandita facultade como do resto da universidade pública máis grande de España.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Por ambas as partes puxéronse deberes para empezar a abrir camiño pouco a pouco. Tanto Martínez como García mostráronse animados a colaborar para integrar tamén a UNED no tecido empresarial da nosa provincia, pois conta cunha oferta de coñecemento e investigación importante para o desenvolvemento da provincia, que é preciso coñecer.


















