O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo esta semana unha reunión co presidente da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, Alberto Úbeda, e co vogal e produtor da entidade, Jonatán Pousada, co gallo de avanzar en vías de colaboración no marco do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
En concreto, a asociación ten interese en abrir un local en Ribadavia ao abeiro da iniciativa que está a revitalizar o casco histórico da vila, na liña doutros negocios do sector vitivinícola xa postos en marcha. Neste senso, abordaron tamén a colaboración vixente entre a Xunta e o Concello de Ribadavia para a rehabilitación e posta en valor do Centro do Viño na antiga sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

















