A policía local do Carballiño e a Garda Civil tiveron que mediar nun desorde público

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A policía local do Carballiño e a Garda Civil tiveron que mediar nun desorde público causado por un case atropelo dun peatón no cruce da rúa Conde Vallellano ca rúa Aldara

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ás 19:30 horas do martes neste cruce do centro da vila, un automóvil estivo a piques de atropelar a un peatón. Este feito levantou unha trifulca entre os implicados, que chegaron ás mans. Ó lugar desprazáronse a Policía Local da vila, que tivo que encargarse de regular o tráfico e a Garda Civil. Deste case suceso, que ó final quedou en nada, sen feridos,  cursáronse varias denuncias para os implicados, entre elas por desorde público e por non levar posta a mascarilla.

VIDEO

Francisco Valeiras, xefe da Policía Local da vila, comenta que a perigosidade deste cruce é mínima, asegurando que a totalidade dos escasos seis atropelos producidos nel foron culpa dos viandantes por cruzar fóra do paso de peóns.