O BNG de Ourense nin entende nin comparte a suspensión da feira de antigüidades que se celebra o primeiro domingo de cada mes na praza maior

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación nacionalista non comparte os argumentos esgrimidos polo concello para xustificar a suspensión desta feira cando ao mesmo tempo permite a celebración de outras de características moi similares

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha das tradicións da cidade de Ourense e cita obrigada cada primeiro domingo de mes na praza maior, é a feira de antigüidades, na que comerciantes ourensáns pertencentes ao sector dos anticuarios e restauradores ofrecían os seus produtos.

Desde O BNG queren por en valor a importancia e arraigo desta feira dentro do calendario de actividades do concello, feiras e mercados, que actúan como elementos esencias de dinamización social e económica, máxime nestes tempos de gran incerteza e incertidume e por elo queren expresar o seu malestar pola supresión “sine díe” da mesma.

Entre as razóns que esgrimen os nacionalistas destaca o feito de que a citada feira de antigüidades de Ourense, non figura dentro das exclusións expresamente recollidas no DOG número 115 do sábado 13 de xuño de 2020 referido ao establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e onde se detallan as medidas de seguridade e hixiene a adoptar na celebración, entre outros, de “mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública”.

O BNG destaca e pon en valor os esforzos e medidas adoptadas polos anticuarios e restauradores na celebración das últimas feiras, os cales, foron quén, desde o primeiro momento, de adoptar as medidas precisas e poñendo tódolos recursos necesarios para o cumprimento estrito das normas.

Os nacionalistas botan en falla un criterio único e unificado, sen prexuizo de ningún colectivo ou feira, pero que permita que todas elas se poidan desenvolver con relativa normalidade. A este respecto fan os nacionalistas referencia á feira ordinaria dos días 7, 17 e 26 de cada mes e as cales sí se están a celebrar. Esta situación deriva, nunha discriminación que a día de hoxe non ten unha xustificación o suficientemente sostible.

Por todo elo, desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, pídenlle ao goberno municipal, ou agora mesmo ao alcalde mellor dito, que autorice e garanta a continuidade das feiras de antigüidades os primeiros domingos de cada mes coa adopción de todas as medidas de seguridade e hixiene que sexan precisas, ao tempo que instan igualmente ao goberno local, ou ao alcalde, á devolución do importe das taxas que os participantes na feira aboaron para a súa participación na mesma de nonb autorizarse a súa celebración.

Por último, para os nacionalistas, estamos de novo, e como en tantos outros ámbitos da vida municipal, ante unha evidente incapacidade, nula xestión e tremenda falla de empatía con sectores e comerciantes que precisan, máis que nunca, do apoio e arroupe do concello.