O Concello do Carballiño baixa hoxe 1 caso, para situarse nos 9 contaxiados. Os casos mantíñanse estables estre os 5 e os 7, ata a xornada de onte. A comarca estabiliza os casos, activos ata os 28 totais.
O foco preocupante segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai dez días e que a día de hoxe conta con 16 casos activos. Con respecto ós últimos días mellora a situación
Beariz tiña dous casos activos e agora atópase libre de coronavirus. Boborás mantén os dous contaxiados dos últimos días. Piñor pasa de non ter ningún caso a ter un contaxiado. No caso do Irixo, Maside, Punxín e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















