O alumnado do CPI Terras de Maside recibe 14 tablets para seguir as clases dixitalmente

IES CHAMOSO LAMAS

Con esta entrega todo o alumnado de primaria e secundaria pode estar conectado ao seu profesorado.

Esta mañá fóronlle entregadas ao Concello que se encargará do reparto ao alumnado nos seus domicilios.

O equipo directivo na última reunión, antes das vacacións de semana santa comezou un traballo de enquisas as familias, coa colaboración de todos os titores do alumnado para saber a situación na que se encontraba cada alumno/a . Desta maneira detectouse que algúns alumnos tiñan dificultades para acceder as clases.  Acordouse entón, comprar 24 tablets que chegaron durante a Semana Santa e esta mañá realizouse o reparto entre todos os que tendo conexión de datos a través dun móbil da casa, non tiñan outro medio para seguir as clases.

Este mediodía o Concello encargouse de facerllas chegar ao alumnado.

Con esta entrega o 100% do alumnado do centro de primaria e secundaria que ten acceso a datos teñen un terminal. Despois da enquisa realizada creemos que ninguén queda excluído da posibilidade de recibir os traballos que lle envían os titores e profesores dende o día seguinte ao confinamento.

CASE O 100 % DO ALUMNADO DE INFANTIL SEGUE AS CLASES POLA APLICACIÓN

SPORTUR GALICIA 2022

Segundo as titoras dos 60 alumnos de infantil matriculados están a seguir virtualmente as clases das súas titoras coa aplicación de google que neste momento está a ser utilizado polo profesorado de toda España, cubrindo case o 100% con un par de excepcións.