Manuel Baltar lamenta o pasamento da poeta Luz Pozo Garza, “unha voz esencial das letras galegas”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lamentou hoxe o falecemento da poeta Luz Pozo Garza, membro da Real Academia Galega, “unha voz esencial das letras galegas”, expresando “a tristura que trae ao ámbito cultural da nosa terra o pasamento dunha figura intelectual moi vencellada aos autores ourensáns”. Neste sentido, o presidente do goberno provincial lembra os vencellos que Pozo Garza tivo con escritores como Otero Pedrayo, Blanco Amor, Pura e Dora Vázquez, Celso Emilio Ferreiro ou Méndez Ferrín, e transmite á familia da falecida as condolencias da Deputación de Ourense, un sentimento de respecto e afecto que fai extensivo a todo o eido da cultura galega por esta triste nova acontecida hoxe.

AVANTAR ACTIVIDADES