O alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, defendeu esta proposta asegurando que son uns orzamentos cun importante contido social e que permiten acometer proxectos estratéxicos como a ampliación do polígono e a implantación de novas empresas, asegurou.
Recalcou que dende o equipo de goberno seguen a traballar e propoñendo medidas que aseguran que están destinadas a construir Ribadavia en positivo.
Ribeiro en Común asegura que fixeron este voto permitindo a aprobación porque non queren bloquear ó concello e ca promesa de que se faga unha modificación orzamentaria destinada a medidas sociais derivadas da situación de pandemia pola Covid-19 que terán que ser incorporadas ca maior brevidade.
O BNG abstivose ante esta proposta aseurando que son un documento plano que non supón unha evolución da xestión nin un impulso para o concello, segundo asegura a formación. Recalcan que as inversión diminúen dos 319.000 euros do ano pasado ós 256.000 euros. Tamén criticaron que se seguen recollendo partidas para actividades que non se van realizar como a Feira do Viño ou as Festas do Portal e, en troques, non incluír os 120.000€ que foron aprobados como plan de reactivación económica xa en maio pasado.
Por parte do Partido Socialista, Ignacio Gómez comentou que os orzamentos non son os axeitados para Ribadavia “nin valientes por parte do grupo de goberno”, pero aseguran que, aínda así, non se opuxeron a que saírana dienate “por lealtade á institución”. Ademáis, Gómez destaca que o alcalde vende unha realidade que non é a que realmente se levará a cabo.