4Mal Quartet Jazz dará un concerto este domingo na Insua dos Poetas

O grupo 4Mal Quartet Jazz ofrecerá este domingo, 11 de outubro, un concerto na Ínsua dos Poetas, que terá lugar ás 17,30 h., coa entrada de balde e gardándose todas as medidas preventivas de aforo, separación e seguridade pola Covid 19.

O concerto conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e a colaboración do Concello do Carballiño, e enmárcase dentro do rograma da Rede de Auditorios Provincial de Ourense, así como no programa de promoción cultural que desenvolve a Fundación Ínsua dos Poetas, que preside Luis González Tosar, e que recentemente programou os concertos de Sés e Luar na Lubre, así como a proxección de diversos documentais.

AVANTAR ACTIVIDADES

4Mal Quartet Jazz é un grupo do Carballiño, nado en 2015 e formado por Alexandre Cabanelas (saxos), Ángel Alfonso Gulías López (piano), Alberto “Roni” (contrabaixo, baixo eléctrico) e Alex González (batería).