A Policía Local acude a un bar con cinco persoas vendo fútbol a porta pechada

A Policía Local realizou unha semana máis un dispositivo de control da mobilidade. Neste caso, tiñan previsto facer un control temperán motivado pola caza, que tiveron que retirar. Ademais, destaca a xornada do sábado, na que tiveron que facer dar a volta a máis de 100 vehículos que se desprazaban sen xustificación, sobre todo na entrada a Maside.

Outro dos datos chamativos foi a través dunha chamada na que alertaban de que un grupo de non convivintes estaban no interior dun bar, a porta pechada, vendo o clásico de fútbol.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE

Algúns grupos da oposición alertaban nos últimos días de que as autoridades estaban advertindo ós negocios pola venda para levar. Dende a Policía Local emitiron un documento á subdelegación do goberno para que aclare esta interpretación da norma, xa que a lei establece que poden facer entregas a domicilio ou para levar, pero que os establecementos deben permanecer pechados.

Aseguran que están á espera de resposta para esclarecer o xeito de actuar. Estas actuacións, en moitos casos están ocasionando que a xente se aglomere nas entradas dos bares para consumir os produtos adquiridos para levar.