A Xunta impulsa a artesanía cun catálogo de Nadal dixital

O catálogo inclúe produtos elaborados por 111 obradoiros artesáns galegos e con información sobre os seus puntos de venda. A publicación, de carácter online, está dispoñible a través da web da Fundación Pública Artesanía de Galicia artesaniadegalicia.xunta.gal tanto para consulta como para descarga.

Co lema Artesanía de Galicia. Talento para regalar, a Xunta anima a confiar na artesanía de proximidade, na economía circular, no talento artesán galego, no feito en Galicia e na calidade. Os obradoiros que están a participar nesta iniciativa de fomento da comercialización do produto artesán galego No tocante á provincia de Ourense, os obradoiros artesáns que participan neste catálogo son Aixiña (Ourense), Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín), Eva María Muñoz Pablos (Barbadás), Inés Rir&Co (Allariz), La Aguada (Ribadavia), Lumecú (Vilar de Santos), Moura (Maceda), O Covil de Chus (Ourense) e Xabier Artesanal (O Pereiro de Aguiar). Tamén se inclúe o taller artesanal do carballiñés O Reberete.

AVANTAR ACTIVIDADES