O concello paraliza case un millón de euros en inversión á espera da resolución de dous casos xudiciais abertos: o tanatorio e a nave de Protección Civil

O Carballi–o. 10-10-11. Provincia. sede de protecci—n civil no Carballi–o. Foto: xesœs Fari–as

O proceso xudicial no que está inmerso o Tanatorio Pompas Fúnebres pola denuncia de tres comunidades veciñais contra a edificación afectará tamén ó concello, que foi a administración que autorizou a obra, con todos os informes positivos no seu momento. No caso de que o recurso presentado non logre ser positivo para o concello, a administración deberá abonar ós propietarios do tanatorio o custo das obras e os prexuízos derivados. Tanto este proceso xudicial coma o que ocasiona o futuro derrubo da nave de Protección Civil no entorno da estación de ferrocarril, suporán un custo para o concello, sumando o servizo de avogados, que sumarán preto dun millón de euros.

Publicidade

O concello, plantexando a posibilidade de que o resultado destes procesos sexa negativo, conta con que as inversións previstas veranse mermadas polo custe que deberán asumir. Polo de agora aínda non está establecido que proxectos serían os que quedasen prorrogados.