Galicia descende os contaxios ata os 15.546 e reduce a presión hospitalaria

A comunidade galega rexistra hoxe 768 contaxios, un ritmo de novos positivos que  se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 15.546, unha cifra que descende en preto de 500 casos con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 51 (-2) están en UCI e 266 (-9) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 52 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.120 casos activos, preto de 50 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 34 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES