Ribadavia saca aos “caladiños” e ao Santo Enterro a pesar da choiva

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O municipio de Ribadavia tamén viviu unha Semana Santa de tradicións e tamén pasada por auga. O xoves santo saíu a pesar da choiva a procesión dos caladiños, dende a igrexa de Santiago. Neste caso contaron con tres pasos: o Xesús azotado, o ecce homo e jesús en el huerto de los olivos. Unha procesión sinxela e calada, cuxo percorrido é máis curto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A procesión más senlleira deste municipio, a do Santo Enterro, tamén puido saír o venres pola tarde, acompañada por un gran número de fieis. Esta é unha procesión que percorre todo o municipio, coa imaxe do cristo na furna, a virxe da santa angustia e a virxe da soledad, acompañados pola banda de música. No comezo, o tempo respectou, aínda que a xente animouse de tódolos xeitos a seguir este paso.