XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega reitera o compromiso coa defensa da lingua galega nos procedementos xurídicos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2024 No emblemático Salón Nobre de Fonseca, celebrouse a XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA).

A convocatoria deste ano destacou especialmente polo firme compromiso dos novos membros coa defensa e promoción da lingua galega nos procedementos xurídicos.

Durante o acto, D. Alberte Xullo Rodríguez Feixoo foi recoñecido como Irmandiño de Honra pola súa destacada traxectoria profesional en galego. Recibiu un diploma acreditativo e a insignia de ouro da IXUGA, subliñando o seu exemplo de compromiso coa lingua e a cultura galegas.

A Asemblea Xeral tamén marcou a incorporación de 16 novos membros, entre avogados, xuíces, fiscais, unha secretaria de administración local e unha notaria. Estes novos irmandiños e irmandiñas comprometéronse publicamente a exercer as súas profesións en lingua galega, reforzando así a súa dedicación á preservación e promoción do idioma galego no ámbito xurídico.

Para simbolizar este compromiso, recibiron un escudo da IXUGA para colocar nas súas togas, unha insignia de prata e un diploma de pertenza a esta rede de profesionais do dereito.

A cerimonia estivo presidida polo Reitor da USC, D. Antonio López Díaz; o presidente da Irmandade Xurídica Galega, D. Xoaquín Monteagudo Romero; o maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, D. Luís Villares Naveira; o Fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, o c arballiñés D. Carlos Varela García.

Carlos Varela García

O Presidente da Sala Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, D. Xosé Xoán Barreiro Prado; a avogada e membro da Irmandade Xurídica, Dna. Maruxa Monteagudo Romero e a Avogada do Estado en Galicia, Dna. Consuelo Castro Rey, quen ata hai uns días desenvolvía a súa actividade profesional como Avogada Xeral do Estado.

Na súa intervención salientou o labor do colectivo de avogados, historiadores, etc. na defensa da causa de devolución dos bens expoliados pola familia Franco subliñando a importancia da xustiza e da protección do patrimonio cultural galego facendo un relatorio pormenorizado de como se produxeron os feitos que deron lugar á demanda e posterior sentenza favorable á devolución do Pazo de Meirás.

O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, acompañou a D. Alberte Xullo Rodríguez Feixoo no seu nomeamento como irmandiño de honra, resaltando o papel fundamental que xoga a Irmandade Xurídica Galega no compromiso coa defensa e promoción da lingua galega e o patrimonio cultural do país.