A Deputación promove a Ribeira Sacra como destino enoturístico en Italia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 28 de setembro de 2024.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de organizar unha presentación do destino turístico da Ribeira Sacra e unha cata de viños comentada en lingua galega na sé do Instituto Cervantes de Nápoles, con motivo do Día Europeo das Linguas.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta actividade, enmarcada no convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para a promoción do enoturismo na provincia de Ourense, achegou a un público internacional o rico patrimonio cultural da Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO.

O encargado de realizar a cata foi Bruno Lovelle Estévez, técnico superior en Restauración de Alimentos e diplomado en Turismo, acompañado de Begoña Cádiz, técnico do Inorde.

Os viños que protagonizaron a cata pertencen todos ás adegas da provincia de Ourense dentro da D.O. Ribeira Sacra: Ponte da Boga Godello 2023 (branco), Peza do Rei Barrica 2023 (tinto envellecido), Viña Dariz Mencía 2023 (tinto xove), e Corga Brancellao  2019 (elaboración especial).

Ademais de achegar información sobre a historia deste territorio, a cata permitiu explicar aos participantes o concepto de “viticultura heroica” que caracteriza o cultivo de viñedos en ladeiras empinadas, onde o traballo debe realizarse manualmente debido á inaccesibilidade e á inclinación do terreo. Deste modo, os viticultores da Ribeira Sacra continúan unha tradición milenaria, producindo viños de gran calidade.

Cabe destacar que o Centro de Investigación, Estudo, Salvagarda, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña (CERVIM), que outorga o selo específico que define este tipo de viticultura ten sé en Italia. En España só tres Denominacións de Orixe poden empregalo, sendo unha delas a da Ribeira Sacra.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------