Presentación da mostra hoxe Mércores 30 de abril ás 20:00h
Coa presenza de UXÍO LÓPEZ. Artista plástico -Irún (Gipuzkoa), 1958
Organiza VIDEART (videafest.com) Comisionado por Xoán Mariño
Estreamos unha serie de exposicións intinerantes en espazos singulares como é o caso da A Micalla (Tenda – Vinoteca) en Allariz
Como cabeza dunha serie de obras de experimentación técnica de fixativos sobre papel,
onde a mistura de pigmentos, azares e formas procuradas co traballo do sol en tempos de
penumbras fortuitas ou achadas, fan cada obra única, disposta con repetible diferenza.
O BOI
A diferenza repetida é unha variación que se integra dentro da serie Agasallo consumista,
que nace alá polo ano 2017 co obxectivo de suscitar a reflexión sobre a necesidade que
temos de agasallar algo, cando realmente non é necesario. Esa ansía de mercar, mercar
e mercar.
A súa orixe está nos sobres de mensaxerÍa online, nos que me enviaban discos de
música e eu ía gardando. Cando cheguei a ter unha certa cantidade, comecei a serie. Xa
máis tarde decidín mercar directamente os sobres, adaptándoos a un soporte de panel
composite.
Con respecto á variación – A diferenza repetida – na que todo parece repetirse, tento
facer o diferente moi parecido, e viceversa. Marcar distancias curtas entre as pezas que
integran cada obra, plasmando ideas moi semellantes, pero no fondo diferentes entre
elas. Trato de xogar un pouco coa fraxilidade da mirada e tamén da memoria. Igual que
cada sobre en si é único, un distinto agasallo, co seu nome, enderezo, cor ou prezo, aínda
que no fondo non o sexa tanto. En realidade, moitos deles pertencen a un só pretexto,
consumir, que é o factor que os iguala.
Só aquí é onde concibo cada conxunto coma unha obra diferente, para facela máis
distante entre as diferentes partes da serie. Pinto caixas destapándose para ofrecer unha
sorpresa, e cubos para ocultar esa mesma sorpresa.