Ribadavia acolle as ‘Xornadas Gastronómicas Sefardís’ cunha ampla oferta hostaleira de petiscos e menús

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia continúa este mes coa programación das Xornadas Europeas da Cultura Sefardí, promovidas pola AEPJ Jewish Heritage e enmarcadas dentro do Programa de Itinerarios Culturais do Consello de Europa, lanzados por este organismo en 1987 e que demostran, mediante unha viaxe polo espazo e polo tempo, como o patrimonio dos diferentes países e culturas de Europa contribúe a un patrimonio cultural amplo, compartido e vivo.

Este venres e sábado a vila acollerá as Xornadas Gastronómicas Sefardís, unha proposta coa que veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse á tradición culinaria sefardí a través de petiscos e menús especiais.

Os locais Plaza, Alaba’o, Salto del Ángel, Marilagar e Garden Lodge ofrecerán petiscos típicos sefardís a un prezo de 2,50 € a unidade, unha oportunidade para descubrir sabores orixinais vinculados á herdanza xudía da vila.

Ademais, dous restaurantes participan con menús completos de tradición sefardí:

  • O Birrán:
    • Tataky de berenxena afumada, crema de tahini e granada
    • Albóndegas de peixe en caldo especiado
    • Lingote de cordeiro glaseado, parmentier de boniato e froitos secos
    • Torta de améndoas, azahar e mel
      Prezo: 26 €
      Reserva previa recomendada no teléfono 620 46 58 38.
  • O Pucheiro:
    • Ensalada mixta
    • Bacallao guisado
    • Pudín de mazá
    • Viño kosher
      Prezo: 26 €
      Reserva previa recomendada no teléfono 988 47 09 06.

Con esta iniciativa, Ribadavia reforza a súa condición de referente na recuperación e divulgación da cultura sefardí, ao tempo que impulsa a hostalería local e ofrece unha alternativa de lecer para esta fin de semana, coincidindo co inicio do curso e o remate do verán.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------