O’Potiños presenta o concurso fotográfico de temática libre

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación O’Potiños presentou esta mañá unha nova edición do seu concurso de fotografía con temática libre de cara verán. Conta ca colaboración do concello do Carballiño e do Centro Comercial Aberto, quenes contribuirán tamén cos premios para as mellores fotografías.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ata o vindeiro 9 de setembro, data límite, todas as persoas maiores de 14 anos poden participar con ata tres fotografías. As bases completas están para a súa consulta nas redes sociais da asociación e tamén na súa páxina web. Coas 20 fotografías seleccionadas como as mellores farase unha exposición para o Arenteiro Fotográfico.

A organización prevé que a participación aumente nesta edición, se ben na anterior xa foron máis dun cento os traballos presentados. Poderán enviar as súas obras todas aquelas persoas maiores de 14 anos, con un máximo de tres fotografías por cada participante. O tema das imaxes será libre, pero non poderán ter sido publicadas previamente, nin presentadas a outro certame. Poderase facer uso de material técnico de calquera tipo, así como do retoque fotográfico. As fotografías deberán enviarse á páxina web de O Potiños ata o 9 de setembro.

O presidente da entidade cultural, Manuel Blanco, agradeceu ao Concello e ao Centro Comercial Aberto a súa colaboración “para levar o nome do Carballiño por todo o país”. Asegurou que en pasadas edicións chegaron fotografías de moitos puntos, incluso de fóra de España. Coas 20 mellores imaxes que seleccione o xurado realizarase unha exposición.

PUBLICIDADE