A área de Educación do Concello do Carballiño abrirá mañá as portas da sala de estudo da Biblioteca Pública Municipal despois da renovación de mobiliario. O espazo volverá ao seu horario habitual, de 9,00 a 21,00 horas de luns a venres e de 10,00 a 14,00 horas os sábados, no que poderán achegarse pequenos e maiores para estudar. “A renovación das instalacións permitiu adaptarnos ás necesidades actuais e mellorar o benestar dos numerosos usuarios e usuarias que utilizan esta sala”, sinala a concelleira de Educación, Lorena Castro.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Por outra banda, a área de Educación ultima a reapertura da sala de préstamos, prevista para os próximos días. A renovación da Biblioteca Municipal, valorada en 30.000 euros, incluíu o cambio do mobiliario do segundo andar (ademais da demolición dun tabique e o peche do oco en forxado), así como diversas reparacións en paramentos e carpintaría interiores de todo o edificio. A financiación da intervención provén do Plan CooperOU da Deputación de Ourense, a través do que reparte as aportacións estatais ás entidades locais.

















