Este venres 15 a partir das 18:00 h. celebraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS con toda a cativada do Carballiño e arredores que estean dispostos a pasalo ben…
Estará con nós CHUS ÁLVAREZ que, botando man de contos clásicos como O POLO PEPE, GATO GUILLE E OS MONSTROS, GANAPÁN E GARAPATO, TODO EL MUNDO VA, EL CHUPETE, CUCÚ-TRAS e máis, argallaranos e ofreceranos unha mestura de aventuras e pasatempos en formato de contos.
A actividade está pensada para cativos de 2 a 5 anos…
Agora ben, quen teña 6, ou 7, e queira vir, perfecto. O mesmo que se ten 15, 24, 31, 48, 56 ou os que lle correspondan. Por iso, que non deixen de asistir. Porque se divertirán o mesmo que calquera cativo!!!
En fin…
…A actividade é para quen queira participar dela !!!
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















