Ribeiro en Común reclama ao Concello de Ribadavia que impulse vivenda pública

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia, 24 de outubro de 2026. Ribeiro en Común volveu demandar ao goberno local de Ribadavia que cumpra coas súas competencias en materia de vivenda e impulse a construción de vivenda pública no municipio. Segundo o comunicado da formación, o executivo local do PP ignorou reiteradas peticións e acordos plenarios sobre esta cuestión.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O texto recorda que en marzo de 2024 o BOE declarou Ribadavia como “zona tensionada” polo prezo do aluguer. Desde entón, Ribeiro en Común levou ao Pleno a necesidade de que o Concello ofrecese solo ou inmobles baleiros para que a Xunta ou o IGVS promovesen vivenda pública. A petición foi aprobada polo Pleno, pero, segundo a formación, o goberno local ignorouna.

Así mesmo, sinala que en 2025 a Xunta aprobou un programa de vivenda que pide aos concellos que faciliten solo público para construír vivenda protexida, e que en xaneiro de 2026 Ribeiro en Común defendeu unha moción para que Ribadavia se sumase a ese programa, sen obter resposta do goberno municipal. A formación pon como exemplo o caso de San Cibrao das Viñas, onde a Xunta licitou 12 vivendas públicas por 2,4 millóns de euros coa cesión de terreos por parte do Concello.

Ribeiro en Común explica que, mediante convenio coa Xunta, o IGVS encargaríase da publicación do solo dispoñible, da redacción dos pregos, da licitación e da valoración técnica das ofertas, simplificando os trámites para os concellos. A formación critica que o alcalde priorice outros gastos municipais e ignore unha necesidade que considera crucial.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Como proposta, Ribeiro en Común pide que o Concello de Ribadavia impulse vivenda pública no municipio e ofrece varios terreos disponibles, entre eles un no barrio de San Lázaro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------