Declaracións de Sotelo

Publicidade ASPADISI

O CONCELLO PORÁ A DISPOSICIÓN DOS LOCAIS COMERCIAIS E HOSTALEIROS UN XERADOR DE OZONO PARA A DESINFECCIÓN

VIDEO

O concello do Carballliño ven de adquirir un xerador de ozono, indicado para os labores de desinfección, co obxectivo de poñelo a disposición dos locais comerciais e hostaleiros da vila de cara á próxima apertura dos establecementos.
A compra efectuouse a través dun establecemento do Carballño que ten a representación e o servizo técnico deste aparato, e que polo tanto pode prestar este servizo con carácter inmediato no caso de que se produza calquera tipo de avería.
O concello establecerá un baremo de cesión para poder atender as peticións que se realicen por parte dos establecementos.
Esta adquisición forma parte dunha serie de iniciativas que está a tomar o concello de apoio ao comercio e á hostalería locais, e que se sumarán a outras de cara a dinamizar a economía local cando se permita a apertura dos negocios.

Publicidade Premer na Imaxe