O concello do Carballiño retoma as sesións plenarias este próximo xoves

O concello do Carballiño celebrará este próximo xoves unha nova sesión plenaria ordinaria. Recuperan este mes a actividade política logo do parón no mes de agosto. Para esta xornada, o grupo de goberno leva a aprobación da proposta de días festivos locais par ao 2023 e o expediente de contas xerais do 2021.

En canto ó control da oposición, Espazo Común presenta dúas mocións. Por unha banda, levan unha proposta para a creación e renovación de instalacións deportivas municipais. Por outra banda, piden a posta en marcha dunha liña de axudas para libros de texto. Por parte do Partido Popular presentan unha moción para a redución dos impostos, taxas e prezos públicos.

AVANTAR ACTIVIDADES