A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mentres as oficinas dos servizos públicos das administracións están rotulados en lingua galega, nas das instalacións industriais o idioma oficial é o castelán. Dous comportamentos que definen unha Galicia diverxente A contradición é máis alarmante cando observamos os casos dalgúns xestores empresariais que exercendo simultaneamente funcións nas administracións públicias marxinan a  lingua galega nos seus centros fabrís. Unha conducta anómala porque obvian a lexislación reguladora dos dereitos lingüísticos dos traballadores e dos consumidores.

Na pervivencia desta desintonía teñen unha elevada responsabilidade as organizacións sindicais, que non inclúen nas negociacións colectivas a cláusula dos dereitos lingüísticos dos traballadores, e tamén os consumidores, en xeral,  nomeadamente todos aqueles que chegadas determinadas datas do ano, como é o caso do Día das Letras Galegas, participan en convocatorias nas que aparentan manifestar  defensa e lealdade á lingua galega en actos de contidos literarios. Velaí o fracaso desta celebración oficial: o comportamento do número de participantes nelas podémolo definir como un exercicio de “galeguismo  a tempo parcial”, de morno compromiso coa lingua na vida cotiá.

O futuro da nosa lingua está extramuros do ámbito literario,excesivamente sobredimensionado. A galeguización do país débese facer a través das actividades xurídicas, na investigación, na sanidade, nos servizos públicos, en todos os centros formativos das universidades, nas novas tecnoloxías ,etc. A alternativa ao Día das Letras ten que ser outro máis  máis e aberto a outras realidades máis decisivas da vida das xentes. O que no seu día foi un acerto, hoxe é unha rémora para avanzarmos nos usos lingüísticos. Unha xornada cun formato decimonónico non ten nada que aportarlle ao futuro da lingua.

O próximo día 25,  Embutidos Lalinense celebrará  o Día da Galeguidade Empresarial da man do Foro E. Peinador e da Xunta de Galicia. Un acto de afirmación nos valores patrimoniais de Galicia de maior alcance que os celebrados este mes arredor dunha figura literaria; porque vai presentar un amplo programa de medidas galeguizadoras que inclúe o etiquetado do despece dos produtos cárnicos que comercializan; unha ampla oferta que estará presente os 365 días do ano nos centros comerciais, practicando deste xeito un  “galeguismo a tempo completo”. Coa súa conversión lingüística súmanse a un progresivo movemento galeguizador da actividade económica. Velaí están tamén os exemplos das elaboradoras de produtos lácteos e adegas etiquetando os seus envases  en galego para o mercado interior e para a exportación, prestixiando a nosa lingua.

Non fan máis que imitar a variada oferta de produtos e licores procedentes doutras latitudes xeográficas etiquetados en cadansúa lingua. Os idiomas utilizados descoñecidos por unha inmensa maioría de consumidores, non son  problema para a súa comercialización entre nós. As marcas que se ofertan nas respectivas linguas reforzan asi as súas denominacións de oríxe.

Embutidos Lalinense vai facer máis pola normalización da lingua galega que moitas obras literarias con escasa incidencia nunha poboación desafecta ao xénero literario e tollida polos complexos lingüísticos. O número de consumidores de produtos para a  alimentación é inmensamente maior e terán a oportunidade de familiarizarse acotío co léxico empregado. A lingua no padal interiorízase mellor.

* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”