A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  Xosé González Martínez*

O próximo día 7 viaxaremos a Ribadeo, nas terras do Eo, onde en Castropol o rexistrador da propiedade e bibliófilo Fermín Penzol Lavandeira tiña os seus apousentos. Desde ali  soñaba coa reunificación da  vella Gallaecia.  A Fegalcat, (Federación de Entidades Culturais en Catalunya),   ese día en acto público entregaralle o premio Alecrin a Carme P. Vaquero, polos seus moitos méritos nun labor desenvolvido arreo durante máis de trinta anos a prol da normalización lingúística desde  o colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.gal).

Carme Vaquero é tamén arraina, pero do sur de Galicia, de Goián, onde o Miño chega ao mar atlántico Unha vila como  poucas hai en Galicia, porque atesoura un patrimonio humano e  intelectual considerable nas persoas do  escritor e poeta Eliseo Alonso, os pintores Antonio Fernández e Xavier Pousa,  e os escultores Xoán Piñeiro e Maxín Picallo. Dalí tamén é Helena Pousa, historiadora e dialectóloga, que estudou unha variante do galego cun léxico moi curioso que se fala no barrio de Fontenla (Fontiala, como din eles nesa fala de seu).

Iou, como din eles, vou escrbir algunhas frases sobre Carme Vaquero  co gallo desta fiasta da Fegalcat. E fareino bian, como ten que ser para facerlle xustiza á homenaxeada. Porque sempre está abríndollelas cancialas á lingua. Daquiala non quiaro deixar pasar esta ocasión para facelo.Tamián porque lle  teño devoción a súa tiarra (cando os romanos  a conquistaron denominaron aquela comarca Terra Gauda). Xa fose no verán ou no enviarno, percorrín con ela  aqueles vieiros noutrora transitados polos que andaban en tempos ídos no estraperlo, na ramboia, tan bian musicada por “Fuxan Os Ventos” na súa cantiga “O estraperlo”, que cantei moitas veces cos mious amigos mentres comiabamos fillozas feitas pola súa irmá Alba,habitual falante do goianés,  na cociña familiar do barrio da Centinela.

Carme P. Vaquero, durantes estas décadas foi desenvolvendo un traballo imprescindible para conseguirmos que o galego conquistase novos espazos de uso na xudicatura, no dereito, nas empresas, na etiquetaxe. Capítulo aparte merece a proxección alén nós doutro territorio arraiano e singular, o Couto Mixto, do que ela é unha das máis excelsas valedora.

Carme Vaquero é a imaxe pública e  a voz personalísima neses documentais e anuncios pregoando a galeguización de Galicia que emite constantemente a canle de televisión do noso colectivo Galeguizar Galicia. A súa habelencia para transmitir as mensaxes  é modélica, tanto nas súas enfáticas alocucións como no seu preciso e ordenado discurso. O éxito do seu traballo é o resultado de aplicar a ecuación aritmética i+i+c (intelixencia+imaxinación+constancia).

Son moitas as persoas relevantes que lle teñen prodigado louvanzas. Lembro arestora algunhas: Francisco Fernández del Riego, expresidente da Real Academia Galega; os tamén escritores Xosé Neira Vilas e Franco Grande;  os maxistrados Orencio Pérez González, Daniel García Ramos, e Victorino Gutiérrez Aller, notario que foi de Lalín. Esa admiración que lle profesaban, compartida por outro que aínda están afortunadamente connosco, poderiamola resumir nestra frase asertiva: haberá algunhas mulleres – non moitas- que traballen moito pola  expansión da lingua galega, pero Carme  é moi significativa.

Por ese traballo inconmensurable recibíu varios premios. E máis que lle serán concedidos no futuro. Con Carme, como desexaba don Álvaro Cunqueiro, a lingua galega poderá ter aseguradas no futuro mil primaveras máis por mor  da extensión dos seus usos en todas as ordes da vida social.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”