Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Por Felipe-Senén

A vida de Manuel Chamoso Lamas acontece en anos grises, dificiles, de mudas políticas e incertezas: monarquía, república, guerra, nova dictadura, transición democrática… e entre variopintos “ismos” cos que etiquetar os movimentos artísticos do século XX. Naceu na Habana un 16 de maio do 1909 e retorna difinitivamente a Moldes de Boborás, seu lugar de ida e volta, o seu eterno referente. O seu pasamento aconteceu na Coruña o 24 de abril do 1985. E nese recorrido un amplo panorama de dedicación á salvagarda e ao estudo: Coñecer para querer e defender o patrimnio cultural.

AVANTAR ACTIVIDADES
Chamoso xuventude


Gostariamos aplicar a súa semblanza as súas mesmas receitas teóricas, como as de Riso, que as cousas son “ a según” : ” A flexibilidade de adapatación do historiador a cada un dos infinitos presentes que corresponden a cada época… a captación dos valores estéticos debe ir precedida da capatación dos valores históricos…”.
Fillo de emigrantes naquela enriquecedora Cuba, devolto á súa Terra aos catro anos, coa ansia dunha boa eduación. Con casa petrucial e propiedades nas terras ribeirás ourensanas de Boborás,no mesmo Moldes, a carón do pazo de longa historia adquirido pola familia Lousada Diéguez, mestre de mestres, mesmo a Chamoso. Tamén recibiu clases de debuxo da man de Castelao, naquel sobranceiro Instituto dunha Pontevedra referente no Modernismo. Aulas nas que foi compañiro de Filgueira Valverde, de Antonio Fraguas, de Alexandre de la Sota … Pra acadar o doutoramento de Filosofía e Letras e mais de Direito nunha Compostela convulsa por unha guerra que se aveciñaba, na que é compañeiro de Seoane, onde coñece a Díaz Pardo e a García Sabell, entre tantos outros mozos intelctuais que viven de preto as inquedanzas do Seminaio de Estudos Galegos, as directrices humanistas de Risco, de Florentino Lópe Cuevillas, de Otero Pedrayo cos que Chamoso mantería sempre unha fonda amizade. Seguirá estudos nun Madrid literario, artístico, alumno de D’Ors e mais de Ortega y Gasset, quen lle transmitiría esa permanente filosofía de amor ás cousas pequenas, normalmente ensobrencidas, consideradas “obras menores”: artesanías que tanto transmiten ao arqueólogo que as sabe ler. Poética franciscán coa que contaxiou a algúns creadores amigos, aos que ao cabo dos anos potenciou, como Prego ou Failde..

Chamoso Palloza


Pons Sorolla, Chueca Goitía, Martín Almagro, Pita Andrade …foron algúns dos moitos amigos, compañeiros en tarefas de salvagarda e difusión do patrimonio cultural. Era nun Estado Español que se mostraba fendido, namentres o legado cultural corría graves riscos. É entón cando o mozo doutorando é reclutado é apoiado polos mestres e amigos para ser incorporado ao Servicio Militar de Recuperación nas arriscadas vangardas dos encarnizados frentes de Madrid e Levante. Súa misión consistía na supervisión e recuperación do Patrimonio Cultural no frente, logo os museos mimados e postos a salvo por especialistas do goberno constitucional republicano, entre os que Chamoso tiña amigos e mestres inesquecibles, agora divididos polas ideas políticas, relixiosas e pola irracionalidade do frente de guerra. Álvarez de Sotomayor, o Marqués de Lozoya, Sánchez Cantón axudaron e confiaron no mozo alférez Chamoso. Viviu difíciles circunstancias que comentaba coa súa característica timidez: a irracionalidade e crueldade nas trincheiras e no campo, os postos de mando e as aldeas abandonadas, as cartas dos reclutas ensanguentadas, palacios e templos queimados, cunetas con cadáveres… Evitando os disparos as súas tarefas eran de recueración, inventario e reposición do patrimonio cultural. Misión que continuou con equipos interc¡disciplinais despois da guerra, traballos organizados dende o Ministerio de Educación Nacional, baixo as directrices de Eugenio D’Ors. Urxe entón a reconstrucción: os grandes tesouros do patrimonio artístico estaban repartidos entre o polvorín da Algameca, en Cartaxena, o castelo de Perelada, en Figueres, Girona e o Palacio das Nacións en Xenevra…. Xunto con Graciano Macarrón, o Marqués de Lozoya e o que logo sería o arquitecto do Valle dos Caídos, Muguruza, entre outros, Chamoso leva a maior responsabilidade, a de traslado dos bens en convoios dende Xenebra a Madrid. Entón en Europa estalaba outra guerra con Alemania, xorden dificultades tras dificuldades para un traslado que se fai de noite, sorteando bombardeos, ameazando as mellores obras do Museo do Prado que ían nos vagóns. Como resultado un traballo meticuloso, honrado e documentado, o que coa perspectiva histórica recibirá os parabéns de ambos os dous bandos. Moito queda aínda por contar. Os arquivos particulares dun Chamoso, afeito a gardalo todo, os doados a Isaac Díaz Pardo, hoxe na Cidade da Cultura, outros na Academia G. de Belas Artes, como a documentación oficial, repartida en diferentes arquivos, poden ofrecer moito. Na Casa Gótica de Compostela, onde nace o Museo da Peregrinacións, estaba o Servicio de Bellas Artes, os seus arquivos oficiales trasladaronse no 1985…os que aclarararín moitos aspectos, que aínda hoxe, afectan ao patrimonio galego.
Poucos viviron tan dende “dentro” o Patrimnio cultural como Chamoso Lamas
Finalizada a contenda seguen abertas as feridas: o exilio e os silencios de amigos, compañeiros e mestres. Segue o contraste, os inventarios e a reubicación do patrimonio, a rehabilitación e revitalización de igrexas, mosteiros, museos, pazos, academias… No 1940 ratifícase a Chamoso como Delegado Inspector General de los Depósoitos dependientes del Servicio de Recuperación. Logo nomeado Comisario de la Zona Tercera del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico, que incluía Cataluña, Aragón, Navarra e o País Vasco… onde deixa pegada imborrable. Até fai pouco tempo pronunciar o nome de Chamoso en calquera mosteiro ou museo do norte ibérico era clave para abrir as portas e propiciar o convite.No 1945 pasa a ser Comisario da I Zona do Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico, que inclúe León, Asturias e Galicia. Co arquitecto Luis Menéndez-Pidal y Álvarez, enfréntase cunha exemplar asertividade a dicisións non moi propicias para o patrimonio por parte de gobernadores, bispos, alcaldes, párrocos… tentando convencer a pé de obra da beleza e da significación do patrimonio e do seu “genius loci”. Entendeu e espallou a necesidade de especializar aos artesáns, de crear escolas de cantería, de carpintería, de ferro… imprescindibles para a restauración, e velai a Escola de Canteiros de Poio, dependente da Deputación de Pontevedra. Documentáronse sitios arqueolóxicos, conxuntos etnográficos, igrexarios, incluso tradicións… a fin de protexelas e incluílas como recursos turísticos. Espazos propios de ter o seu museo de sitio, garantes da salvagarda e sensibilización do seu contexto. Non se esquezou do acopio de pezas, da revisión do mercado de arte, da documentación, da educación, de anovar a lexislación ou da formación dos profesionais do futuro: o Museo das Peregrinacións, o Museo do Ribeiro, o do Castro de Viladonga, o Museo da Montaña no Cebreiro …museos de Arte Sacra, de Monforte, Colexiata da Coruña…era un xeito de “non deixar perder de vista” un rico e variado patrimonio … entre outras iniciativas que a insensibilidade non deixaron crear, como o Museo do Traxe que iría en Betanzos ou o Museo do Mar en Combarro, que adquiridas as singulares propiedades pra tal fin parece que se esqueceu o fin… O asunto é inicialmete por a salvo edificios singulares, crear coleccións, educar ao publico, formar na praxe museolóxica ata crear o museo edificado para museo. Chamoso foi precursor en aspectos de etnoarqueoloxía, da ecomuseoloxía e mesmo da museoloxía, ciencias aínda hoxe na súa infancia en Galiza.
Saber entender no presente os valores de futuro non é fácil, da contra pérdese tempo e patrimonio. Chamoso admiraba a arquitectura de Bar Boo, de Gallego Jorreto, a escultura de Mon Vasco, a pintura de Elena Gago… para os que procuraba becas a través da Fundación March da que foi asesor.
Abrir camiños na xestión do patrimonio cultural: Rehabilitación e revitalización
Propiciou escavacións arqueolóxicas nas minas de ouro romanas de Barbantes, no seu inmediato Castro de San Cibrán das Lás, en Augas Santas de Allariz e sobre todo na Catedral de Compostela (1946-1959), para atopar a lauda do bispo iriense Teodomiro e verificar aspectos da lenda da aparición do sartego do Apóstolo…. Algo que a prudencia, as imposicións eclesiásticas, non lle deixaron contar ao completo, para adiantarse quen fora seu colaborador e despois bispo de Cuenca, Guerra Campos (1982). Chamoso persistía na necesidade dos estudos arqueolóxicos en asentamentos altomedievais que axudarían a entendender mellor a cristianización, a cuestión das reliquias do Apóstolo, ó mundo suevo e o nacemento de nucleos politico-relixiosos baixo un “princeps” e o primeiro feudalismo: lugares como Santa Baía de Boveda, Tines, Moraime, Bretoña, San Matiño de Mondoñedo, Iria Flavia… priorizaba a potenciación dos camiños de Compostela, con todo o que implican de historia, patrimonio inmoble, moble e intanxible, un constante fluír cultural que non debe desaproveitarse.

Chamoso Leiro


Home de íntima amizade con arqueólogos portugueses, como Santos Junior ou Mario Cardozo, co arqueólogo da Tumba de San Pedro en Roma, o Padre Kirschbaum, con Sánchez Albornoz… gostoso de escoitar, de compartir problemas. Conversas animadas por un ou varios “dedais” de viño tostado da súa colleita de Moldes.
Entre as cidades históricas galegas, Chamoso, tiña preferencia polas entón deixadas de man,Allariz, Pontevedra, Muros, Noia, Tui, Ribadavia, Monforte, Viveiro… e entre todas por Compostela, moitas das que o agasallaron e mesmo fixeron “fillo adoptivo”, mesmo recibindo as Medallas de Prata e de Ouro de Bellas Artes. El e outros fixeron o indecible por poñer a salvo o que quedaba do Seminario de Estudos Galegos, tamén vixiaron e asesoran ao cabildo da Catedral compostelán ante decisións polémicas, unha delas retirar o coro barroco da nave central da Catedral. Difícil ambiente de despacho, ameazas, o que se poido facer e non se fixo…e o que se desfixo, para o disgusto, como a demolición do singular edificio modernista da Castromil no corazón de Compostela, as apropiacións indevidas de patrimnio significtivo por parte dos mandatarios, os atentados a paisaxes apacibles: as Mariñas de Miño, as Dunas de Corrubedo, o Pico Sacro… o intervencionismo en Igresarios, campos de feira e romaría… a perda de construccións significativas, valados, cabaceiros, pontes… Mesmo propuña protexer no interior das parroquias os cruceiros máis antigos e suplilos no sitio orixinario por réplicas artesanais.
No 1977 e dentro dos novos reprantexamentos do Ministerio de Cultura propiciados polo cambadés Pío Cabanillas, Chamoso Lamas foi nomeado Subdirector General de Patrimonio Artístico, cargo ao que renunciou ao cabo dun ano polos reveses burocráticos, tan alonxada das realidades dun patrimonio ameazado.A teoría e a praxe estaban nil moi unidas.

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros artigos de Felipe Senén:

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño