A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cando o correlixionario e amigo Luís Soto Fernández, fundador da UPG,  puido  volver do exilio mexicano, facíao todos os anos pola primavera. Acudía sempre a recollelo ao aeroporto. Camiño da súa  natal Vilanova dos Infantes, faciamos unha parada na igrexa conventual de Celanova. Alí, escenificaba un coidadoso ritual que consistía  en recitar uns versos que Curros Enríquez lle escribira ao demo. Alzaba o brazo, e a viva voz dicía: !Salve, meu vello amigo/rival d´o Eterno, loitador antigo,/ protesta viva contra a forza bruta!/.  Eu téñoche cariño/ Non te topei xamais n-o meu camiño/sin quitarche ó chapeu para darch´os días/mentres outros católicos ben fartos/de toparte como eu,quítanche os cartos/para con eles mercar capellanía”.

O doutor Agustín Sixto Seco, tamén escenificaba o seu propio ritual. Cando tiña que facer unha longa viaxe, acudía á catedral compostelá para despedirse do Santiago “mata mouros” que así o alcumara Castelao  “porque é un vello e familiar amigo que me garda sempre. Estou certo de que se non volvo, el acollerame e termará dos meus”, dicía, confiado nos prodixios  atribuídos ao santo.

Dúas visións contrapostas na maneira de afrontar a realidade galega, e un denominador común: Galicia. Malia estas visións ideolóxicas desemellantes, Luís Soto, o doutor Sixto Seco e un servidor sabiamonos complementarios á hora de empurrar pola galeguización do país. Sendo todos os tres de xeracións distintas, compartiamos a mesma preocupación de querermos unha Galicia máis de noso.

O colectivo Galeguizar Galicia (www.galeguizargalicia.gal), empeñado en trenzar a tradición co presente, erixíulle a Luís Soto, como recoñecemento polos seus moitos méritos un monumento en Vilanova dos Infantes;  agora, o próximo día 17 do mes que andamos, ao pé do que foi o seu domicilio (na confluencia das rúas Ourense e Antonio Casares), en Santiago de Compostela, colocará unha placa coa efixie en relevo do doutor Sixto. O seu curriculo  está máis que acreditado, manifestado no exercicio continuado dun galeguismo xeneroso :  conselleiro da Editorial Galaxia, director xerente da Editorial SEPT, presidente do Padroado Rosalía de Castro, patrón fundador do Museo do Pobo Galego, presidente da Fundación Otero Pedrayo, secretario do Consello da Cultura Galega, patrón da Fundación Penzol, amais de ser ter sido, extramuros da cultura, secretario xeral-fundador da SD Compostela. Coñécenselle actividades filantrópicas que el sempre soubo desimular. Servíu a Galicia desde a súa óptica ideolóxica sen recibir nada a cambio.

A Irmandade da Sanidade Galega, vén recuperando a personalidades da tradición médica humanística e galeguista, como os doutores López Nogueira, García Sabell, Antón Beiras e, recentemente ao  urólogo ourensán Carlos Guitián, deixcando constancia en rúas e prazos do seu bo facer. Agora  incorpora a esta nómina ao doutor Sixto Seco, un dos derradeiros integrantes da chamada Escola Médica Compostelá, iniciada por Varela de Montes no século XIX. O seu exemplo  de compromiso vital cunha Galicia galeguizada ten que servir de exemplo para que as novas fornadas de persoal médico e  sanitario continúe ese apego pola defensa do patrimonio cultural da identidade galega.

A sanidade galega, ese servizo público imprescindible para manter en boas condicións a saúde dos galegos e galegas, ten un déficit de galeguidade preocupante. A nai do año, segundo o aforismo xurídico, é moi complexa, si. Pero a causa causante do mal causado, seguindo o aforismo xurídico, radica na desgaleguización da  Facultade de Medicina e demais centros académicos universitarios da saúde e centros hospitalarios.

O doutor Sixto Seco, ao igual que os seus colegas, García Sabell e Rof Carballo afirmaban que as enfermidades son iguais en todos os recunchos do mundo;  os que son distintos son os enfermos, por que teñen cadansúa  idiosincrasia e lingua de seu, na que deben ser atendidos para  atinar nun mellor diagnóstico da súa patoloxía.

No acto previsto para o día 17 de xullo, ás 19:30 horas, participarán a Alcaldesa de Santiago, o Presidente do Parlamento de Galicia, o Reitor da USC, o Secretario Xeral de Política Lingüística, a coordinadora da Irmandade da Sanidade Galega, a doutora Flora Miranda, e unha das fillas do doutor Sixto, en representación da familia.

* Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”