A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A primeira vez na historia de Galicia que unha banda de música  interpretou o Himno Galego nunha celebración litúrxica foi na igrexa parroquial de Redondela no contexto das festas da Coca. Tal suceso aconteceu na década dos anos oitenta. Para sortear os receos que eu albiscaba no director da banda de música e o párroco, busquei a complicidade do bispo demisionario da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Araúxo, de talante galeguista, a quen convidei para que presidise a misa concelebrada. Ata entón era costume que  no momento da consagración, as bandas de música interpretasen o himno español. Tradición que procedía do nacionalcatolicismo do Estado.

Mais aconteceu que, naquela década de esplendor galeguizador do Concello de Redondela, a Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística (AFNLG) lanzou a feliz iniciativa das “Mil festas máis para a lingua galega” para galeguizar as festas populares. Tratábase  dun decálogo de propostas que abranxían todos os aspectos dos programas festivos. Animábaselles ás comisións  organizadoras a normalizaren o uso da lingua galega na cartelería, na denominación correcta da toponimía,deica entón sempre deturpada; propúñaselles ás orquestras a galeguización dun 20% do repertorio musical, xa fosen con temas orixinais ou traducidos doutros idiomas; alentábase  a posta en valor do patrimonio cultural e artístico  das parroquias; maior presenza de agrupacións de música tradicional… e, como queda dito, a substitución do himno español polo galego nesa parte central da eucaristía.

Aconteceu que en  1984 publicouse a Lei de Símbolos de Galicia que establecía a oficialidade do Himno Galego con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga. Un texto legal con escasa incidencia na vida real do País, agás puntuais actos institucionais. Compría sacalo deses reductos e normalizalo noutros moitos ámbitos decisivos para a preservación da nosa identidade cultural e darlle a lexitimidade necesaria. E eses espazos eran as máis de 3700 festas populares ( tantas como parroquias) que anualmente se celebran en Galicia.

Convocamos a seis alcaldes a unha xuntanza no despacho do alcalde de Santiago de Compostela, que daquela era Xerardo Estévez sempre tan receptivo ás nosas propostas, á que asistiron os alcaldes de Vigo, Ferrol, Redondela, Catoira e Negreira. Todos manifestaron o seu apoio á campaña, agás Xaime Quintanilla rexedor de Ferrol que manifestou o seu temor  aos militares daquela cidade. e parte da cidadanía influída polo ambiente franquista, que farían inviable o cambio desexado. Quintanilla, despois de tantos anos,  aínda tiña o medo metido no corpo provocado polo fusilamento do seu pai en 1936 cando foi alcalde. Aquel número de alcaldes axiña se ampliou por decenas.

Por suxerencia da AFNLG a Xunta de Galicia encargoulle ao compositor Roxelio Groba matizar algúns acordes de Pascual Veiga para facer a execución da partitura máis parecidos aos que deben ter os himnos, e fose interpretado de igual maneira por todas as bandas.

Foi así como a campaña das “Mil festas máis para a lingua galega” acadou milleiros de adhesións populares en poucos anos. Hoxe  é normal que no intre central das misas,  no denominado momento da transubstanciación (a conversión milagreira da hostia en pan  e o viño en sangue) as bandas de música e outras agrupacións  interpreten o himno galego.

Esta campaña das “Mil festas máis para a lingua galega” ratificou a nosa idea de que a normalización da lingua galega témola que conseguir fóra da celebración do Día das Letras Galegas. Por un caso, hoxe as festas populares están máis galeguizas que hai corenta anos.

O día que máis me emocionei neste longo camiño da substitución do himno español polo galego, foi na misa do ano conmemorativo  do 110 aniversario do nacemento de San Rosendo en Celanova, no  2007. Nela participaron prelados galegos e portugueses, cargos institucionais e moito público.  No momento da consagración, a banda de música interpretou o noso himno con  toda solemnidade e sonoridade que ten aquel recinto. Maxestuoso o repeto e recollimento. Conclusión: se hai vontade, hai mudanzas.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Curriculum de Xosé González Martínez

Dende 1979 foi funcionario da administración local, primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos no Servizo de Normalización Lingüística do concello, e despois na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo onde foi director do Servizo de Normalización Lingüística.

Foi director da Revista de Administración Galega, subdirector da revista Lingua e Dereito que edita a Universidade de Vigo. É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. Foi un dos creadores do Premio Blanco Amor. É impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo (sendo o actual Presidente), e presidente do Foro Enrique Peinador. Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e radio (Radio Galega) e da Enciclopedia Galega Universal. Foi o tradutor ao galego dos Códigos Penal e Civil e de moita outra literatura xurídica.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”