Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

IES CHAMOSO LAMAS

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual


11-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES.

OZOCOgz Deseño Galego

José Manuel Mouriño (Puebla, México, 1978) é investigador, docente, ensaísta, cineasta e comisario de exposicións.

Aínda que nacido en México, criouse e reside na vila do Arenteiro, desde a que desenvolve unha intensa actividade vinculada ao audiovisual, en particular especializado nun cineasta de referencia, o ruso Andrei Tarkovski.

Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo -especilizouse en Audiovisuais, na facultade de Belas Artes en Pontevedra- cunha tese defendida en 2016 con cualificación cum laude, sobre o cineasta ruso Mijaíl Romm (1901-1971), cineasta sobre o que comisariou en 2014, unha retrospectiva para a Filmoteca Española, e prepara una monografía de próxima publicación.

Fixo estadías de formación na Accademia di Belle Arti Pietro Vannucci de Perugia (Italia), tamén na Cinémathèque française-Bibliothèque du film de París e no 2013 no Museo do Cinema de Moscova. Ten participado en diversos encontros de investigación relacionados coa arte cinematográfica, celebrados nas universidades de Oxford, Edimburgo ou Ámsterdam.

Membro do Russian Cinema Research Group da University College de Londres, e autor de diversos ensaios sobre cineastas como Norman McLaren, Serguéi Paradjánov, Pier Paolo Pasolini ou Michelangelo Antonioni. Ten publicado en revistas como Arte y parte, Shangrila ou Caimán Cuadernos de Cine, tamén para institucións coma o Círculo de Belas Artes de Madrid, a Fundación Mapfre, a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Oficina Cultural da Embaixada de España en Italia ou a Cineteca de Boloña.

Dende hai anos, traballa co Andrey Tarkovsky International Institute (con sede en Florencia) como representante e coordinador da mesma para a Península Ibérica e América Latina. Prologou e coeditou (xunto con Andréi Andréievich Tarkovski, fillo do cineasta) Escritos de Juventud de Andréi Tarkovski (ABADA, 2015), cineasta sobre o que publicou Andréi Tarkovski y El Espejo. Estudio de un sueño (Círculo de Bellas Artes, 2018).

Na actualidade é o principal responsable, xunto co Instituto Tarkovski e, a través dun convenio de colaboración internacional, coa Elías Querejeta Zine Eskola de San Sebastián, do proxecto de recuperación, estudo e difusión das Leccións de Cine de Andréi Tarkovski (un conxunto de arquivos sonoros, de máis de 90 horas de duración, ata este momento descoñecidos).

Ten comisariado, entre outras, exposicións dedicadas ao propio Andréi Tarkovski, a Michelangelo Antonioni, Pier Paolo Pasolini, Fernando Pessoa, Albert Kahn e aos seus Arquivos do Planeta, María Zambrano ou José Ángel Valente.

Entre os anos 2009 e 2012 exerceu a coordinación de exposicións e publicacións da Fundación Luís Seoane de A Coruña.

Entre a súa produción como director de ensaios audiovisuais, é o autor dos seguintes títulos: 36 vistas da Torre de Hércules (2009); Luís Seoane. Visualidade, recordo e síntese (2010); Os Días Brancos, apuntes sobre a rodaxe de Nostalghia, de Andrei Tarkovski (2012); Manuel Vilariño. Ser Luz, (2016); Pessoa/Lisboa (2017, co-dirixido con Alberto Ruiz de Samaniego); María Zambrano e o método dos claros (realizada en co-producción con RTVE no ano 2019) ou José Ángel Valente. Escribir Lugar (2021).



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “