Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

A Avelino Cachafeiro Bugallo, “o gaiteiro de Soutelo”, coñecíno en Vigo en 1969, ano da publicación do seu poemario “Voando coas aas da vida”. Presentaramo Antón Patiño dono da librería Librouro. O primeiro que me chamou a atención foi a súa fasquía física: alto, cuns bigotes brancos moi coidados e a pucha nova. Tal como meu avó. Poderían pasar por seren irmáns.
Na quela altura, Avelino, xa arrombara a gaita e o cuarteto que el dirixía quedara disolto. Aledouse saber que aquel mozo -daquela tiña eu dezanove anos- coñecese a súa música a través dos discos de pizarra que formaban parte da colección que se gardaban con moito mimo na miña casa familiar. Aquela discografía era a que animaba aos parroquianos que acudían á taberna do meu avó. Había música de todos os estilos. Pero moita galega. Así naceu a miña conciencia sentimental galeguista.
Gardo dúas gravacións da empresa fonográfica Regal. Por un lado está o “Fandango de Pontevedra”. No colante color añil dí: “Dúo de gaitas. Gaiteros de Soutelo de Montes. Director A. Cachafeiro”. Pola outra cara a lenda é outra: “Muiñeira de Chantada.Solo de Gaita, por Avelino Cachafeiro”. O outro disco recolle en cadansúa cara outras dúas pezas: “Farruquiña, chaman á porta” e “Foliada de Luxán”.
Ambos os dous discos, dunha serie deles, foron gravados posiblemente entre 1928 e 1929. Xosé Manoel Rivas Troitiño, biógrafo do gaiteiro de Soutelo, e o musicólogo Rubén Troitiño, son dúas persoas imprescindibles para achegármonos á figura señeira do gaiteiro, que sempre formou grupo cos membros da súa familia. Acadaran tal sona que foron reclamados pola colectividade emigrantes de Buenos Aires; actuaron no Teatro Avenida de Buenos Aires en 1929.
Castelao, que mantivo unha relación de amizade baseada na admiración que lle espertaran aqueles gaiteiros. Escribíu unha sentida louvanza no xornal “Galicia” no ano 1924, ilustrada cunha caricatura que lle fixera a Avelino Será a que ilustre a nova lápida cun epitafio en galego substituíndo á actual en castelán: “Aqui repousa Avelino Cachafeiro, o universal “gaiteiro de Soutelo. 1899-1972”, que inclúe un verso do seu poemario: “Coa miña gaitiña ao lombo, de Soutelo rompín a voar”.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que é a promotora deste singular acto de restauración da memoria lingúística, coas colaboracións da Xunta de Galicia, Concello de Forcarei, herdeiros do gaiteiro e moitas agrupacións de música tradicional, queren renderlle xustiza ao inesquecible instrumentista que sempre falou galego porque tamén pensaba en galego.
Agardamos que a celebración dese acto reúna aos xenuinos protagonistas da pervivencia da nosa lingua a través dos cantos populares, as agrupacións musicais folclóricas. Porque grazas a elas Galicia segue a ter lingua e cultura de seu. Esta é a filosofía que desde hai anos mantén a AFNLG. Por este motivo daremos a coñecer unha Declaración que recolla catro reivindiacións fundamentais: 1.- Que os concellos galegos inclúan nas programacións festivas a participación de máis grupos de música tradicional, dándolles así maior visibilidade e a oportunidade de seguiren transmitindo a lingua galega a través do cancioneiro popular; 2.-O mesmo chamamento serve para as comisións de festas parroquiais, que non sempre atinan na organizan das mesmas. Porque cando inclúen algún grupo de música tradicional o tamaño tipográfico do seu nome infravalórano reducíndoo á décima parte do empregado para anunciar a actuación de coñecidas orquestras; 4º.- Animar a todos os grupos de música tradicional galega a celebraren actos que honren aos seus predecesores xa falecidos mudando as lápidas en castelán por outras en galego, personalizando a perpetuidade a súa contribución á transmisión oral do noso idioma; e, 5) Solicitar para a música galega en todas súas modalidades a declaración de patrimonio cultural da humanidade.
Mil festas máis para a lingua galega e outros tantos actos de restauración da memoria lingüística dos que sempre falaron galego en vida.
*Presidente do Foro E. Peinador.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”