A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Na historia da literatura galega os gaiteiros foron personaxes socorridos nas plumas dos mellores escritores que tivo Galicia. Lembremos a Perfecto Feijó, que amais de ser boticario en Pontevedra, foi tamén un afamado gaiteiro que recuperou a nosa tradición musical e dignificou o vestiario dos grupos folclóricos. Gaiteiro famoso foi tamén o de Penalta, en terras de Celanova, Manuel Castro Gonzalez, que Curros Enriquez inmotalizou, e que foi mestre de Faustino Santalices, recuperador da zanfona. Outro gaiteiro célebre foi Xan Mïguez, “O Ventosela”, que actuou en terras de  alén mar.

Sen dúbida, o gaiteiro máis ideolóxico foi o creado pola imaxinación literaria do Rexistrador da Propiedade e escritor pontevedrés Xoán Manuel Pintos. A el débeselle o primeiro libro escrito en galego  en 1853 titulado “A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega,e aínda máis”.  Un libro que tamén é coñecido por un título máis breve, “Foliada do gaiteiro”.Todos eles contribuiron a dignificar a nosa música tradicional pero tamén a nosa identidade cultural.

Gaiteiro senlleiro de moita sona foi Avelino Cachafeiro, que traspasou as nosas fronteiras que  levou a nosa  música aos paises do continente americano. Castelao e máis el forxaron unha sólida amizade. Del fixo louvanzas xustas e moi acaídas que permanecerán para sempre na memoria de Galicia. Avelino Cachafeiro foi un  mito en vida; contribuíu a  dignificar a nosa música tradicional e a avivar o orgullo de pertenza a un país con lingua e cultura de seu.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que vén convocando con moita frecuencia en moitas parroquias de Galicia o denominado Día da Restauración da Memoria Lingúística, institucionalizado para inmortalizar a memoria colectiva no idioma que falaron en vida as súas xentes,  insírese no espírito poético de Ramón Cabanillas evocado no seu poema “Galicia”: “¡Galicia! Nai e Señora, / sempre garimosa e forte; / preto e lonxe; onte, agora, / mañá e sempre, na vida e na morte!”.

Son moi poucas as lápidas con epitafios en galego nos cemiterios galegos. Este feito evidencia unha anomalía impropia dun pais no que a inmensa maioría da súa poboación utilizou en vida unicamente a lingua galega. Xa que logo, a celebración destes actos teñen un carácter pedagóxico de obrigada repetición.

O próximo sábado, día 12, ás 17:00 horas celebraremos nas instalacións do Colexio Público de Soutelo de Montes o Día da Restauración da Memoria Lingüística, un acto aberto a cantos queiran acudir para enxalzar unha vez máis a memoria do emblemático gaiteiro de Soutelo, no que participarán os seus biógrafos e grupos de música tradicional. A seguir, no cemiterio, procederemos a substituir a vella lápida  do nicho onde descansan os restos de Avelino Cachafeiro,  por outra de deseño máis estético, ilustrada cunha caricatura que lle fixera Castelao, con esta lenda “Aqui xace Avelino Cachafeiro, o  universal “Gaiteiro de Soutelo” (1899/1972).”

A presenza da lingua galega no cemiterio de Soutelo de Montes é anecdótica. O número de lápidas no noso idioma representa unha porcentaxe numericamente irrelevante no conxunto dos máis de cincocentos e pico de nichos que ali hai. Esa realidade desfigura a forte identidade cultural dos devanceiros que dormen o sono eterno naquel espazo da memoria. Restaurar a súa memoria lingüística de todos eles é tarefa urxente para facelos máis próximos e recoñecibles.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística quere agradecerlles aos herdeiros de Avelino Cachafeiro a súa predisposición para restaurarmos a memoria lingüística do gaiteiro, e á Secretaría Xeral de Política Lingüística de Galicia e súa colaboración para a celebración deste acto. Agardamos que a veciñanza nos acompañe ese día e poidamos abrir un período novo para que a presenza da lingua galega no camposanto sexa unha norma xeral a partir de entón.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”