Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Hai cen anos que se celebrou en Lugo o Primeiro Congreso de Economia Galega. Dous días de traballo intenso de persoalidades relevantes en cadansúas áreas de coñecementos. O remol das achegas feitas naquel cónclave que abordou a planificación económica, a ordenación do territorio, as comunicación e outras estratexias para o desenvolvemento de Galicia deixou fondas pegadas nalgúns dos asistentes, como foi a familia Fernández López, que puxo en pé diversos proxectos industriais que beberon naquelas fontes congresuais. Aínda que Álvaro Gil non participou nel, si que foi un dinamizador desas empresas. Xa que logo, é un epígono cualificado daquel encontro, codirixindo empresas enmarcadas no que se chamou economía autocentrada, é dicir, desenvolvemento económico a partir dos propios recurso naturais do país. Por esta razón será homenaxeado coa instalación dun busto seu ao pé da casa que foi a súa moradia, e coa publicación da biografía elaborada polo historiador Ricardo Gurriarán.
Para que poidamos ver con perspectiva histórica a trasncendencia dalgunhas das conclusións congrensuais, abonda con citar a solicitude que naquel entón lle fixeran á Deputación de Ourense para que crease en Ribadavia unha Estación Enolóxica para a defensa da moderna vinicultura e a loita contra as adulteracións que tanto mal lle fixeron ao viño. Aquela pretensión materializouse moitísimos anos despois, en 1987.
Continuadora dos desexos expresados no Congreso foi a Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia (UCRA) promovida polo intelectual galeguista Álvaro das Casas en xaneiro de 1936. O Manifesto que recolle a filosofía daquela entidade, que desgrazadamente foi tronzada pola sublevación militar de xullo, incluía no seu argumentario un chamamento aos consumidores que aínda hoxe ten vixencia: “Defendede os produtos da nosa terra, sabendo que así estades defendendo o pan dos nosos veciños, os intereses dos nosos amigos e a gloria do noso país”. O proxecto societario estimaba importante a utilización da lingua galega na etiquetaxe.
Moitos anos despois, por volta dos anos oitenta, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingúístico, retomou o proxecto galeguizador do Congreso lucense e da UCRA, dinamizando o uso da lingua galega nos envases dos nosos viños e doutros produtos elaborados polas industriais agroalimentarias. O que parecía imposible conseguir, sen embargo, armados da paciencia e a pedagoxía galeguizadora que nos caracterizan, tiveron exitosos resultados grazas á receptividade dos adegueiros que intelixentemente asociaron os seus produtos co noso idioma.
O próximo día 18 o Foro E. Peinador celebrará nas instalacións das Adegas Terra de Asorei, en Meis, un novo Día da Galeguidade Empresarial. Ali teremos a oportunidade de agradecerlles aos adegueiros a súa implicación no fomento da lingua galega nos envases das distintas marcas comerciais dos viños que elaboran de excelente calidade, e que se exportan a máis de vinte paises do mundo. O que puidera ser un problema, converteuse nun requisito fundamental esixidos polas empresas comercializadoras neses paises. Querían que os consumidores tivesen a certeza de que as ofertas viñan dun país concreto, e a mellor maneira de identificalas era pola lingua das etiquetas.
A utilización da lingua galega non é un inconvenmiente para estar nos mercados internacionais. Nós mesmos consumimos licores e viños procedentes de paises estranxeiros que se etiquetan na lingua de orixe. Reparen nos andeis das grandes superficies, ou nas cafeterías que teñen ao pé dos seus domicilios, onde se amosa esa variada oferta en cadanseu idioma. Digo eu que o que fan outros podémolo facer nós.
As institucións públicas teñen moito que dicir no prestixio social do noso idioma. Por iso é importante que organimos públicos como Igape, XesGalicia, ou os departamentos da Xunta de Galicia que teñen como misión a creación de tecido empresarial, obriguen aos beneficiarios desas subvencións públicas ao uso da lingua galega na etiquetaxe, imaxe corporativa, publicidade, e tamén co debido respecto aos dereitos lingüísticos dos traballadores e consumidores establecidas pola normativa oficial.
* Presidente do Foro E. Peinador.
Outros artigos de Xosé González:
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”