Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, é autor de dúas publicacións de recomendada lectura para coñecer a biografía dunha personalidade popular, pero senlleira na historia da cultura galega da primeira metade do séculos pasado, e de anos anos anteriores: “José Silvent, o mítico Barriga Verde” e “Barriga Verde na prensa. Unha escolma de cen textos” .O seu traballo de investigación sobre a vida e vicisitudes do dramaturgo popular e precursor do teatro de títeres en Galicia realizado en lingua galega durantes as décadas dos anos 40, 50 e parte do 6o, permítenos valorar o seu labor realizado nos escenarios naturais de feiras e romarias.

Segundo Xaime Iglesias, unha das características do teatro de bonecos na súa liña popular foi a rebeldía social e a crítica burlona e aceda: “Divertía o público cando se mofaba do poder e impoñía a súa particular xustiza a estacazo limpo, con voz atiplada e metalinguaxe xestual, poñendo na picota as incoherencias e desatinos da organización social que padecía a maioría da poboación, asi como a aqueles que máis se beneficiaban dela”.
Barriga Verde foi un heroe teatral para un público variopinto, composto por nenos e adultos, que acudían á barraca de Silvent na procura de momentos de evasión, pero establecendo complicidades coas ocorrencias dos seus bonecos, nomeadamente coas de Barriga Verde, que celebraban con gargalladas e aplausos. Nunha reseñada publicada en El Progreso alguén escribira : “Que non o deixen marchar de Lugo!”. Posiblemente fose o xornalista Trapero Pardo, admirador do artísta do Lérez, a quen dedicou reiteradas louvanzas nas páxinas do xornal comentando a súa presenza de nas festas do San Froilán en Lugo e nas San Lucas de Mondoñedo, ás que adoitaba acudír todos os anos.
Na aludida colectánea de autores que lle dedicaron ao titiriteiro do Lérez acendidas crónicas gabanciosas atopamos os comentarios de Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, Raimundo García Domínguez “Borobó”, que chegara a escandalizar á anacrónica directiva da Real Academia Galega coa súa proposta feita desde as páxinas do xornal santiagués “La Noche” de nomear académico de número a José Silvent. A proposta era unha provocación intencionada por mor da inoperancia da institución. Para “Borobó” o creador de Barriga Verde representaba a máis xenuina mostra do guiñol galego; “era o Maese Pérez da galeguidade”. Barriga Verde falaba case sempre en galego, nun tempo no que a cultura galega estaba proscrita. Remataba as súas funcións coa célebre frase de “Morreu o demo, acabaouse a peseta”, para dar paso a outra representación.
Sorprende que na nómina de intelectuais que louvaron a “Barriga Verde” non figurase ninguén do grupo de eruditos pontevedreses; a causa, con toda probabilidade, debeu radicar en que sendo a parroquia do Lérez territorio da moinantería, para o parnaso cultural pontevedrés non fose merecente de recoñecementos aquel conglomerado social.
,
A recuperación da importancia que “Barriga Verde” tivo para a lingua galega débeselles ao grupo “Viravolta” de Lalín e ao historiador Anxo García que no Festival Internacional de Títeres de Redondela pronunciou unha conferencia calificando a José Silvent como o primeiro títere galego da era moderna.
Cincuenta cinco anos despois do seu pasamento (1970), a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coas colaboracións da Asociación Cedofeita, Concello de Pontevedra, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, convocan para o próximo día 26, ás 18:00 horas, un acto de Restauración da Memoria Lingüística na Casa da Cultura de Lérez coa participación de varios oradores e a amenización musical de “Os Chispas do Lérez”.
A seguir, no cemiterio parroquial, remudarase a lápida en castelán por outra en galego, seguindo a filosofía que inspira a celebración destes actos de restauración da memoria lingüística dos homes e mulleres galegofalantes. O epitafio di así: “Aqui xacen na súa paz Emerenciana Fernández Gómez (a súa esposa) e José Silvent, o mítico Barriga Verde, que levaron o seu espectáculo de monicreques feito en galego pola Galicia do século XX. Honras para eles!”. Na porta do cemiterio colocarase unha placa de agradecemento aos devanceiros da parroquia “porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”.
*Presidente do Foro E. Peinador.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”