A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Coñecín a Xaime Seixas Subirach, o xesuita que acababa de chegar da república dominicana, en maio de 1965. El foi quen me entregou os “Dez Puntos”, principios fundacionais da UPG, da que cheguei ser cualificado dirixente. Xaime militara nos Ultreia, organización  nacionalista xuvenil fundada por Álvaro das Casas en 1932. A súa estadía na república dominicana  déralle a oportunidade de colaborar coa  oposición ao dictador Trujillo. O seu nacionalismo galego e  compromiso cos movementos de liberación do continente americano arrequeceron o seu perfil ideolóxico. É importante coñecer esta circunstancia para comprendermos o ideario ideolóxico de Seixas na proximidade, moi distinta da visión que algúns biógrafos  divulgaron edulcodorando o seu pensamento ata o punto de  calificalo como “home santo”. Diso nada!. Seixas aceptaba como válidas todas as formas de loita para que os pobos oprimidos, incluída Galicia, puidesen acadar a súa liberación. Del aprendín esa lección que motivou a miña militancia nacionalista. Pero disto poderemos falar noutra ocasión.

Rematado o Concilio Vaticano II, o “aggiornamento” abríu as portas para que  o catolicismo se inculturizase en cadansúa lingua. Seixas foi un militante adiantado en Galicia, poñendo en práctica aquel aperturismo. O 25 de xullo, a chamada “misa de Rosalía”, que desde había ben anos   celebrabase en castelán na igrexa de San Domingos de Bonaval, oficiouse por primeira vez en galego. Seixas, foi o oficiante; e eu o acólito que presenciaba atónito desde o prebisterio aos vellos galeguistas asistentes. Daquel suceso van aló sesenta anos!.

En Vigo Seixas formou un grupo de laicos para dinamizar os oficios relixiosos en lingua galega. Ao fronte deles estaba o boticario Domingo Fernández del Riego, que todos os xoves, rematada a xornada laboral, celebraba na rebotica unha tertulia á que asistían un grupo de galeguistas cristiáns. Eu, con dezaseis anos tiven a sorte de participar naqueles conciliábulos. Mais por pouco tempo, porque grazas ao influxo das lecturas de decenas de libros marxistas que Xosé Neira Vilas me enviaba a través da embaixada cubana en Madrid, arredeime do catolicismo  con fundamentos científicos.

Pero son testemuña daquel esforzo de Seixas por galeguizar a fe católica. Por mediación do doutor Dario Álvarez Blázquez, que era médico dalgunhas institucións  de beneficencia, dirixidas por monxas, puídéronse utilizar as igrexias do Asilo de Anciáns e as Trinitarias en Vigo, iso si, co acoso sistemático do bispo.  Lembro como aquel sibarita, “Fray José López Ortíz”, bispo da diocese de Tui-Vigo, “príncipe de la Iglesia” como gustaba que o denominasen, acosou a Seixas enviando mesmo a Brigada Político-Social da Comisaría de Vigo ( Waldo López Mazaira, (a) “A Pita de Pesqueiras”, París, Pardavila (a) “A Cotovía”, Pastor e Mosquera) que entraron na sancristía intimidatoriamente, comunicándolle que tiñan orde do Bispo “de llevarlo detenido a Comisaria, así como está revestido, en caso de persistir en la intención de oficiar la misa en gallego”.

Seixas, que viña bregado  da loita  política contra o réxime de Trujillo, díxolles, sen medo, que xa que o bispo lle impedía misar en galego, faríao en latín, pero nunca en castelán. “Este rapaz -sinalándome a min- lerá certas preces en galego”. Asi foi. Eran curiosas aquelas celebracións litúrxicas ás que acudíamos un número pequeno de participantes. As presións de López Ortiz obrigaron ás monxas do Asilo a impedir o uso da súa igrexa. As Trinitaria tiveron a mesma resposta: “Don Dario, nosotras debemos obediencia al Sr. Obispo”.  Sobre estes acosos  da xerarquía da Igrexa e da inmensaria maioria dos cregos -desestores do arado, que así foron calificados-  tense escrito moito.

Hoxe traio a este espazo estas lembranzas vividas por mín, cando loitar pola normalización da lingua galega nos actos litúrxicos, malia a autorización de Roma, tiñan consecuencias  por mor da represión exercida pola autoridades relixiosas e o brazo executor da policía política do réxime franquista. A figura do doutor Dario Álvarez Blázquez, creador dunha saga familiar galeguista, comprometido coa loita antifranquista, será recordada proximamente nunha homenaxe que prepara a Irmandade da Sanidade Galega  na súa cidade natal de Tui, contando coas colaboracións do Concello e Xunta de Galicia. Será unha nova oportunidade para poñer en valor o exercicio  da medicina   cos valores do humanismo e o galeguismo.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”