A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Foto: Voz de Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Despois de dezasete anos de existencia, a Irmandade Xurídica Galega segue  arrecadando novos efectivos para o fomento  da lingua galega nos usos xurídicos.  Isto faise coa constancia dos xuristas  que actualmente son  meritorios exemplos a imitar. Este é o caso,por poñermos un exemplo, do  maxistrado  e presidente da Sección 2º da Audiencia Provincial de Pontevedra, Xosé Xoán Barreiro,  que dirixe as vistas orais locindo na súa toga o escudo da Irmandade Xurídica Galega  dando reiteradas mostras da súa coherencia lingüística. “Señoría, yo no soy gallegohablante”, adoitan advertirlles algúns xustizables ante a súa indeclinable galeguidade lingüística  nas vistas orais do Tribunal que preside,  co ánimo de que se exprese en castelán. “Pero  vostede é galegoescoitante? Si señoría. Pois logo limítese a responder a esta Presidencia  que sempre o fará en galego; e se hai algo que non comprenda, está no seu dereito a pedirme que lle traduza a frase ou palabra en cuestión”.

Con  xuristas deste talante foi artellámdose a Irmandade Xurídica Galega. O próximo día 21 celebrarase unha nova asemblea anual, desta volta na Facultade de Dereito da USC. Os actos comezarán coa descuberta dun busto do notario Victorino Gutiérrez Aller; homenaxe  xusta a quen co seu esforzo persoal  deu pulo  á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e Irmandade Xurídica Galega das que foi activo cofundador, e redactou milleiros de protocolonos notariais en galego.

A seguir, no Salón de Graos do centro universitario, amais da recepción dos novos xuristas que se incorporan, na Orde do Día figuran dous obxectivose de gran transcendencia. Por unha banda, a sinatura dun acordo de colaboración co Colexio Notarial de Galicia para dinamizar o uso da lingua galegas nos instrumentos xurídicos que se tramitan nas súas oficinas co apoio institucional da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Entre as medidas acordadas prevése a organización dun curso de linguaxe xurídica para os traballadores destas oficinas, así como a actualización do Formulario Notarial que no seu día redactara don Victorino Gutiérrez Aller para incorporalo aos programas informáticos.  Temos que sinalar a boa predisposición do equipo directivo do Colexio, nomeadamente do seu decano, que amosaron  entusiástica colaboración para que o notariado galego estea en harmonía coa cultura e lingua do país.

Na mesma asemblea anunciarase a proposta que a Irmandade Xurídica Galega vén de facerlles conxuntamente á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e Ministerio de Xustiza para que o próximo programa informático, “Atenea”, permita a incorporación da lingua galega na tramitación dos procedementos procesuais no noso idioma.. A demanda foi asinada por 120 funcionarios da Xudicatura (maxistrados, fiscais e letrados da Administración da Xustiza) e 250 operadores xurídicos (avogados, procuradores, funcionarios de distintos corpos xudiciais), profesores de facultades de Dereito. Os presidentes do TSXG e  algunhas  Audiencias Provinciais tamén explicitaron a súas ahdesións.

As iniciativas constantes para mobilizar os profesionais do Dereito, Xudicatura e persoal da Administración de Xustiza, encadéaronse sen solución de continuada nos  dezate anos de existencia da Irmandade Xurídica. Abonda sinalar, por exemplo, os actos realizados cos concellos galegos que teñen externalizados os seus servizos xurídicos para que os avogados  utilicen  a lingua galega nos procedementos procesuais,  coa expresa  demanda de que os xulgados e tribunais diten sentenzas en lingua galega ao abeiro do art. 7.2. da Lei de Normalización Lingüístico . Cómpre  sinalar o comportamento senlleiro da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo encargada do  tráfico xurídicos de todos os concellos da provincia. As consecuencias positivas para a normalización lingüísta son evidentes.Por unha banda  galeguizan a actividade xurídica dos concellos, e, pola outra, contaxían lingüísticamente a funcionarios e xuíces que se familiarizan co noso idioma nos trámites xudiciais. Por esta razón recibirán o Premio Lois Peña Novo  o próximo día 3 de xullo no castelo de Soutomaior.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”