Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou a semana pasada a súa asemblea anual, conseguíu a materialización dun acordo que fará historia. Por fin, despois de moitas negociacións, a Administración Central e a Xunta de Galicia asinarán un convenio para introducir a lingua galega no programa informático Atenea, respondendo asi á demanda dunha boa parte de funcionarios, xuíces, fiscais e operadores xurídicos.
Asinouse tamén outro convenio que partillan a Irmandade Xurídica Galega, Colexio Notarial de Galicia e Consellería de Cultura. Este acordo fará posible a galeguización dos protocolos notariais por mor da introdución do Formulario Notarial en lingua galega nas aplicacións informáticas. A maiores, o señor decano, Xosé Manuel Graiño, comprometeuse a desenvolver algunhas accións puntuais máis para motivar á cidadanía optar polo uso da lingua galega nos instrumentos xurídicos que lles afecten.
Estas dúas accións removerán os atrancos para que a cooficialidade lingüística sexa real e efectiva. Mais o certo é que, como dixo o Sr. Reitor na súa alocución de peche da Asemblea, “é importante que a cidadanía se implique e demande os dereitos lingüísticos que o ordenamento xurídico ampara. De nada vale que as administracións públicas oferten a posibilidade do uso da lingua galega se a xente permanece inerte, instalada nas sinerxías do monolingüísmo en castelán”. Da actitude da xente depende que o futuro do galego acade espazos de usos máis amplos e decisivos.
Con esta reflexión convócanse os XXIX Premio Peña Novo, que serán entregados no Castelo de Soutomaior o próximo día 3 de xullo ás 19:00 horas. Naquel escenario recibirán en acto público o recoñecemento dos Premios Lois Peña Novo. Os galardoados son exemplos que deben ser imitados. Velaí os seus nome:
Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo. Este órgano provincial está encargado da defensa xurídica da propia administración, pero tamén de todos os concellos do seu territorio. O tráfico xurídico que xeran esas sesenta e sete administracións locais é de tal magnitude que ao tramitarense
en lingua galega, e solicitar expresamente que xulgados e tribunais de xustiza diten resolucións e sentenzas en lingua galega invocando o artigo 7.2. da Lei de Normalización Lingüística, galeguizarase a Administración de Xustiza con maior ritmo.
Outra premiada será Dona Esther Estévez Casado, xornalista e comunicadora, que vén desenvolvendo o seu labor na área de información da TVG, recoñecendo o seu firme compromiso coa promoción e normalización da lingua galega, destacando como presentadora do espazo “Dígocho eu”, un proxecto innovador de formato breve que combina pedagoxía e creatividade para achegar a lingua galegas novas xeracións.
Outro premiado: Don Miguel Anxo Seixas Seoane, doutor en Historia da Arte Moderna e Contemporánea; un dos máis sobranceiros investigadores da historia de Galicia. O seu traballo académico salienta especialmente polo estudo da figura de
Castelao. A súa voluminosa e documentada obra “Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación” é o maior compendio publicado con rigor sobre o egrexio galeguista.
Todos os tres premiados son conscientes das dificultades nas que se atopa a lingua galega. Mais fronte a esa complexa realidadenon permanecen impasibles, fronte ao pesimismo da razón (as estatísticas ofrecen malos resultados) reaxen co optimismo da vontade. Non hai valados infranqueables.
* Presidente Fundación L. Peña Novo.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”