A opinión de Xosé González: “mudanzas lingüísticas en Cerponzóns”

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Juan José Esperón Recarei é autor de varias monografías sobre o patrimonio etnográfico de Cerponzóns, a súa parroquia natal. Puxo tanto empeño no inventario do legado material e inmaterial dos seus devanceiros que hoxe, por dereito propio,é o cronista oficial da parroquia. Podemos afirmar que o seu afán restaurador é  decisivo na recuperación da identidade cultural do territorio.

Coñecedor da filosofía que anima a iniciativa “En galego,agora e sempre” recollidos do poema de Ramón Cabanillas ( “Galicia! Nai e Señora,/ sempre agarimosa e forte;/ preto e lonxe; onte, agora,/ mañán… na vida e na morte”) son o fundamento desta tarefa restauradora. Esperón asiste a todas as convocatorias que  celebramos para rehabilitar a anomalía cultural de enterrar aos nosos defuntos con lápidas escritas nun idioma que nunca falaron en vida; coincidimos en Soutelo de Montes cando substituímos a lápida do afamado gaiteiro Avelino Cachafeiro por outra en galego cun epitafio ben acaido ilustrado cun dubuxo que Castelao fixera do gaiteiro; acompañounos tamén nos actos celebrados nas parroquias de Lira (Salvaterra de Miño), Amoedo (Pazos de Borbén), Sanguiñeda (Mos) e Lérez( Pontevedra).

O próximo día 31 na igrexa parroquial de San Vicente de Cerponzóns celebraremos outro Día da Restauración da Memoria Lingüística, substituíndo  tres lápidas en castelán por outras en galego pertencentes aos dos seus pais, Carmen Recarei Cochón e Juan Esperon Moldes, e a dos seus avós maternos, Jesús Recarei Loureiro e Ramona Cochón Ramos. Unha saga familiar ben coñecida na parroquia aos que os actuais moradores lles deben a transmisión oral da nosa lingua, e moitos relatos referidos ás tradicións da contorna.

Na porta do cemiterio quedará como recordatorio unha placa que reza asi: “ Na memoria de todas as persoas que xacen aquí, porque grazas a elas  Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”, custeada polo Concello de Pontevedra.

Para facermos copartícipes desta nosa filosofía rehabilitadora a todos os que acudan á convocatoria, repartiráselle un modelo de “Acta de Vontades” coa finalidade de que a manda escrita  das persoas que as asinen obrigue aos familiares a cumprilas e organicen en lingua galega todo os actos fúnebres (esquelas, lápidas, litúrxia,etc.)

Participarán con cadansúa quenda de palabra Juan  Laureano Perdiz, da empresa funeraria San Marcos; don Luís Seoane Ares, Vicario Episcopal Territorial de Pontevedra; don Ángel González Solla, en representación da Alianza Evanxélica Española; don David Costa Piñó, forense e subdirector do IMELGA en Pontevedra; a edil do Concello de Pontevedra, dona María Xosé Abilleira, amais da asociación “O Chedeiro” da que é secretario Esperón. Todos eles asinarán unha declaración de compromiso coa lingua galega nos respectivos ámbitos relacionados coa morte. Actuarán como notarios de excepción da sinatura da “Declaración de Cerponzóns” dona Carme Pose, maxistrada do Tribunal de Instancia de Ordes, e o presidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra don Xosé Xoán Barreiro Prado.

Tamén terán cadansúa intervención don Xoaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e don Valentín García, Secretario Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

O comezo do acto será anunciado polo campaneiro da parroquia, Juan Losada, que tocará uns repeniques propios para chamar á participación na festa. E como a música forma parque da cultura de Cerponzóns, amenizarán o acto o grupo de música tradicional “Os de Algúres” de recoñecido prestixio  na meritoria tarefa de recuperación do noso folclore.

Estamos convencidos de que a “parroquia dos mortos” debe reflectir nas súas lápidas a lingua maioritaria da “parroquia dos vivos”. Harmonizar eses dous espazos é unha maneira de mantermos a cohesión lingüistica do territorio onde  a floresta, camiños, regatos, fragas, soutos, carballeiras, muiños, lendas, cancioneiro…absolutamente todo ten  nomes galegos de seu como  nolos describe Esperón  no seu libro “Patrimonio Etnográfico de Cerponzóns”. A comunidade humana, o territorio e o  patrimonio, material e inmaterial, deben estar unidos pola lingua que os vertebrou e definíu. Dar por boa as anomalias, seguilas practicando,  e non restauralas, como é o caso das lápidas, é unha manifestación propia de almas rendidas que claudican ante a imposición doutra lingua distinta da nosa, que destrúe a nosa identidade, desfigurándoa aos ollos das persoas que visitan os cemiterios. Cada persoa que morre leva consigo unha memoria de incalculable valor cultural que nos pertence.

Unha vez máis invocamos o “R” que define a nosa inicitiva: regaleguizar, reconstruir, restaurar, rehabilitar, rememorar.

*Presidente do Foro E. Peinador.

DECLARACIÓN DE CERPONZÓNS RESTAURACIÓN DA MEMORIA LINGÜÍSTICA DE GALICIA

En galego, agora e sempre

***********

Na igrexa de San Vicente de Cerponzóns, en Pontevedra, a 31 de agosto de dous mil vinte e cinco, no marco da conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, reúnense:

D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral da Lingua

Dª. María Xosé Abelleira, Concelleira concello de Pontevedra

D. Xoaquín Monteagudo Romero, Presidente da AFNLG

D. Luís Seoane Ares, Vicario Episcopal Territorial de Pontevedra

D. David Costa Piñó, Subdirector do IMELGA en Pontevedra

D. Ángel González Solla, en representación da Alianza Evanxélica Española

D. Juan Laureano Perdíz Cabanelas, Funeraria San Marcos

D. Xoán Xosé Esperón Recarei, Secretario da Asociación O Chedeiro de Pontevedra

MANIFESTAN

Primeiro. Que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, fiel ao seu compromiso coa dignificación e normalización do idioma propio, promove desde hai moitos anos a iniciativa coñecida como Día da Restauración da Memoria Lingüística dentro da campaña “En galego, agora e sempre”, un proxecto que ten por obxecto impulsar o uso da lingua galega nos espazos de memoria, nomeadamenteo os camposantos e na celebración dos actos fúnebres. A súa orixe está na constatación dunha fonda desintonía lingüística que se produce cando homes e mulleres, que durante toda a súa vida se expresaron habitualmente en galego, permanecen soterrados baixo lápidas en castelán. Este feito fai que a

memoria gravada non represente nin honre fielmente a lingua na que viviron que foi parte esencial da súa identidade.

Segundo. Que esta situación, froito de complexos procesos históricos, debe ser corrixida coa colaboración das familias garantindo que poidan elixir libremente o idioma das esquelas e das lápidas que honren aos seus seres queridos.

Terceiro. Esta proposta ten un carácter esencialmente pedagóxico e pretende animar ás comunidades parroquiais a reflexionaren sobre a permanencia da memoria das persoas no idioma no que se expresaron en vida tanto no ámbito familiar como social. Os seus fundamentos baséanse no ordenamento xurídico vixente que garante a libertade de opción lingüística das persoas e o fomento do uso da lingua galega por parte das institucións públicas, as igrexas e as empresas prestadoras de servizos públicos.

O artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia establece que a lingua propia de Galicia é o galego e o seu parágrafo 3 máis explícitamente sinala que “Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu uso”.

O artigo 10.1. da Lei de Normalización Lingüística di “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega” e a Lei do Parlamento galego 2/2012 de 28 de marzo, da protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, ampara o dereitos destes a recibiren información na publicidade, ofertas, promocións ou comunicacións comerciais en lingua galega.

O Concilio Pastoral de Galicia recoñeceu as recomendacións do Concilio Vaticano II no tocante ao uso da lingua vernácula, recomendándoa nos usos litúrxicos. En virtude desa aceptación, a Igrexa Católica Galega editou leccionarios para posibilitar que os oficios relixiosos se poidan realizar en lingua galega. Recentemente o actual señor Arcebispo de Santiago exhortou ao clero galego á inculturizacion da fé a través da nosa lingua coincidindo coa presentación da nova edición do Misal Romano en Lingua Galega.

Cuarto. Que as comunidades evanxélicas son cada vez máis conscientes da importancia de abrir espazos para o uso do galego nos seus cultos e celebracións.

Polo exposto, os comparecentes, na representación que cada un deles ostenta,

ACORDAN

  1. Que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) elaborará un catálogo de modelos de esquelas e lápidas en lingua galega adaptadas ás diferentes crenzas e sensibilidades culturais e relixiosas, para seren ofrecidas a empresas funerarias e familias.
  2. Que a Funeraria San Marcos ofrecerá a posibilidade de escoller o idioma que

a familia desexe para levar a cabo todos os trámites, servizos e comunicacións cos seus clientes, comprometéndose a empregar o galego nas instalacións dos seus tanatorios.

  • Que a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia prestará apoio lingüístico para facer efectiva a normalización do galego nos actos e ritos funerarios.
  • Que o Vicario Episcopal Territorial de Pontevedra fomentará o uso do galego nos actos litúrxicos fúnebres e transmitirá, a través das súas homilías, a importancia de perpetuar a memoria lingüística dos defuntos no idioma que utilizaron en vida.
  • Que a Alianza Evanxélica Española animará aos crentes evanxélicos a que prevaleza a memoria das persoas que en vida falaron galego, utilizando este idioma nos seus cultos de despedida e homenaxes e nas súas lápidas e necrolóxicas.
  • Que a Asociación de Veciños O Chedeiro celebrará anualmente o Día da Restauración da Memoria Lingüística como acto de sensibilización e compromiso coa lingua nos momentos máis solemnes da vida.
  • Que o Concello de Pontevedra promoverá o uso do galego nos cemiterios públicos e privados do concello, mediante bandos e comunicacións coincidentes co Día de Defuntos.
  • Que o IMELGA procurará desenvolver medidas que permitan a galeguización das súas actividades nas relacións coas demais institucións públicas asi como coa cidadanía.
  • Que pasados seis meses da sinatura deste protocolo de actuacións convocarase unha xuntanza con todos e cada un dos asinantes para coñecer os efectos producidos.

E para que conste asínase o presente documento en Cerponzóns, o día 31 de agosto de dous mil vinte e cinco.

Asdo. Valentín García Gómez

Asdo. María Xosé Abelleira

Asdo. Xoaquín Monteagudo Romero

Asdo. Luís Seoane Ares

Asdo. David Costa Piñó

Asdo. Ángel González Soll

Asdo. Juan Laureano Perdíz Cabanelas

Asdo. Xoán Xosé Esperón Recarei


Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------