A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Hai cen anos celebrouse en Lugo, os primeiros días do mes de outubro, o 1ª Congreso de Economía de Galicia, promovido polo alcalde da cidade Eduardo Rosón, quen denunciou a ruina das institucións económicas de Galicia. Foron varios días de debates interesantísimos polas alternativas novidosas e imaxinativas que se fixeron para crear unha inquedanza polos problemas estruturais da economía galega. Os analistas que participaron nel – persoas con autoridade académica e coñecemento dos problemas que tollían o desenvolvemento económico do país- ofreceron para cadanseu  ámbito solucións transformadoras.

Repoboar os montes sen deturpar o seu carácter, a natureza da nosa terra, sen perseguir un inmediato afán de lucro, mais non só baixo ese punto de vista, senón tamén do social e do cultural, escribía no prólogo á edición facsimilar das actas do Congreso Isaac Díaz Pardo, un epígono de galeguismo empresarial que creou unha marca país coaa cerámicas de Sargadelos e do Castro.

Estas iniciativas foron recollidas por persoas, que, co paso do tempo, foron dinamizadores da chamada economía autocentrada a partir dos recursos propios de Galicia. Velaí están como exemplos  os irmáns Fernández López e Álvaro Gil, que crearon unha planta cementeira e puxeron en marcha matadoiros. Os Laboratorios Zeltia foron tamén unha feliz iniciativa pioneira para combater as pragas na agricultura e gandeiría que tantos estragos producían. Evaristo Correa Calderón, avogou por reutilizar o patrimonio inmobilario pacego que xa empezaba a presentar síntomas de derrube polo abandono dos seus propietarios para crear con eles unha rede de casas rurais e castelos e atraer o turismo.  Nese contexto congresual hai que situar as Augas mineromedicinais  e o Hotel Mondariz, aos  que Enrique Peinador Lines lles deu  proxección internacional.

Lendo as conclusións do congreso observamos como  aqueles visionarios sabían que Galicia non acadaría o progreso que merecía se todo pivotase nos ideais do Rexurdimento arredor da literatura. Ese debate deuse tamén  no seo das Irmandades da Fala. A literatura, como expresión da identidade galega no futuro non sería a ferramenta transformadora para a galeguización do país. Isto mesmo dicíano os fundadores da Revista de Economía de Galicia en 1958, que foi tamén outro instrumento eficaz para analizar migalleiramente os problemas estruturais de Galicia. Algúns do que formaban parte do consello de redación casualmente participaran no 1º Congreso de Economía de Galicia.

O Foro E. Peinador recolleu ese pensamento para a reconstrución da identidade galega, convidando a Embutidos Lalinenses a sumarse a este proceso de galeguización. Os seus directivos escenificaran  nun acto o reencontro entre a empresa e a galeguización do país. Desde entón a incorporación da lingua galega na etiquetaxe dos seus produtos reforzou a imaxe corporativa da empresa en clave galeguista. Na miña intervención naquel acto dixen que o futuro da lingua galega non está asegurado coa publicación de obras literarias.Ese futuro estará garantido cos novos neotrovadores que teñen que ser empresarios;  estes faran posible que a lingua galega conquiste outros espazos sociais decisivos para a autoidentificación do pobo galegos cos seus valores patrimoniais. A perspicacia dos directivos da empresa foi un éxito porque atoparon nos mercados a complicidade duns consumidores ávidos de produtos de calidade etiquetados en galego.

Os Premio Bacelos de Prata, que anualmente conceden a Asociación Álvaro das Casas e Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, entidades que como o Foro E. Peinador, forman parte do colectivo Galeguizar Galicia, concedéronlle a Embutidos Lalinense e á Adega Bordel tan merecidos galardóns recoñecéndolles asi que a calidade e galeguización fan bo xuntoiro.

Os  consumidores se optan polos  produtos etiquetados en galego farán posible que Galicia sexa cada vez máis galega e próspera.

O próximo día 4 de outubro, ás 12:00 horas  en acto solemne e público, celebrarase no Pazo dos Ulloa en Esposende (Ribadavia), a concesión tales distincións ás empresas referenciadas. Serán benvidos todas aquelas persoas que queiran acompañarnos.

* Presidente do Foro E. Peinador.


Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------