A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Coñecín hai moitas décadas a Alfonso Santalices, o célebre boticario de Bande, demócrata, galeguista e humanista. Era unha institución dentro e fóra da comarca da Limia.  Na nosa lingua relacionábase coa xente do común e tamén cos seus amigos antifranquistas cos que mantiña unha estreita relación solidaria. Era frecuente ver  a súa sinatura nos manifestos e declaracións de distinto tipo a prol de Galicia e das liberdades democráticas. Coa súa sinatura avalaba a loita dos labregos de Castrelo de Miño contra as inxustas expropiacións para a construción do encoro, ou solidarizándose con Alfonso Álvarez Gándara que fora multado polas autoridades gobernativas por escribir un artigo na revista “Signo” titulado “La Iglesia no habla el mismo idioma del pueblo”.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Cada vez que Luís Soto viña de vacacións a Vilanova dos Infantes convidabame a ir con el a Bande para irmos visitar ao seu amigo, o boticario de Bande. Recibíanos na rebotica onde botabamos unha demorada parola. El interesándose por moitos  que marcharan ao exilio mexicano, e Luís agasallándoo sempre co último  número da revista Vieiros ou cun debuxo de deseño tradicional realizado polos indíxenas sobre un papel feito da codía dun jonote, unha árbore autóctona do país azteca. Alfonso era un home afable, retranqueiro e gasalleiro. De espírito socrático cultivaba unha exquisita tolerancia  cos contertulios, sen  renunciar ás súas profundas conviccións de fondas raiceiras. Chamábame a atención o seu falar inzado de léxico vizoso e de fraseoloxía  tan propia do galego falado polas terras da fronteira, que hoxe desgrazamente vaise perdendo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Coñecía todo o repertorio musical do seu irmán Faustino, interpretado coa súa inseparable zanfona, a quen profesaba admiración fraternal, pero tamén  pola importancia que tivera o seu traballo de rescate de coplas populares. Gustaba cantar o “Alalá das Mariñas”, case co mesm timbre de voz  do seu irmán.

O seu fillo, Miguel A. Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, a primeira institución do país, foi receptivo á proposta que lle fixo a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingúística  de galeguizar o panteón familiar no cemiterio municipal de Bande, secundando a campaña “En  galego, agora e sempre”. Para tal fin  elixíu uns versos dun poema que Celso E.Ferreiro lle dedicara ao seu pai titulado “Homenaxe a Bande” ( “Para Alfonso Santalices, meu vello amigo”). “Alá arriba está Bande/coma unha estampa antiga/debuxada no aire./Adeus,voume marchando/anque pareza ir ledo,/por dentro vou chorando./ Quen poidera mirarte/dende o cume do outeiro/Santa Comba de Bande”.

O Presidente da Deputación de Ourense, que tamén amosou interese pola celebración do “Día da Restauración da Memoria Lingüística”, convoca a todos os alcaldes da provincia para que acudan a asinar unha Declaración de compromiso coa galeguización dos cemiterios, verdadeiros espazos da memoria colectiva. Participarán tamén a médica forense dona Tamara Méndez que anunciará a galeguización das actividades do IMELGA. Contaremos con algunhas empresas funerarias disposta a alentar o uso do galego en esquelas e lápidas. O acto terá unha compoñente ecuménica que llela darán o Arcipreste da Baixa Limia, don  Roberto Álvarez, e o médico endocrino don Xesús Manuel Suárez Garcia secretario xeral da  Alianza Evanxélica Española.

A iniciativa “En galego,agora e sempre”, quere levar aos galegos e galegas a mensaxe de preservar a memoria dos defuntos no idioma no que sempre falaron, soñaron, riron,cantaron…con lápidas en galego, sendo así máis recoñecibles e próximos. Ramón Cabanillas expresou este sentemento de galeguidade asi: “En galego,/preto e lonxe,/ onte, agora/ mañá…na vida e na morte/doente ou san/vivo ou morto/galego…só galego!”.

Agora queda que o exemplo do Presidente do Parlamento sexa secundado polo resto dos dignatarios institucionais, e por suposto, por todos os galegos e galegas  que profesan galeguidade.

Están convidados a participar no acto de galeguización anunciado que se celebrará en Bande ás 12:30 horas. Primeiro na igrexa de San Pedro, despois no Cemiterio Municipal.

* Presidente do Foro E. Peinador.


Outros artigos de Xosé González:

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------