Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Coñecín a don Victorino Gutiérrez Aler, exnotario de Lalín, hai ben anos. Quizais foi a finais dos anos oitenta cando contactei con el mantendo unha longa amizade baseada no compromiso e lealdade co país. Daquela, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, á que el pertencía, decidira ampliar os espazos da galeguización nos usos xurídicos. Para sensibilizar a mobilizar a xuíces e persoal das notarias organizáronse xornadas de formación. Reforzarase aquel traballo intenso coa creación do Seminario de Liguaxe Xurídica e Administrativa, con sede no Instituto da Lingua Galega, coas importantes achegas económicas que fixeran trinta e cinco concellos (entre os que estaban Vigo, Ourense, Santiago…) a razón de 5 pesetas/habitante.
Levados polo entusiasmo convocamos a un grupo numeroso de prestixiosos xuristas, onde foi deseñada a estratexia a seguir para normalizar o uso da lingua galega nos procedementos procesuais e notariais.
Por aqueles anos don Victorino publicou o Formulario Notarial, un manual con toda clase de protocolos de habitual tramitación. O libro levaba incorporado un disquete informático. Foi así como desactivamos a argallada de moitos notarios para non implicarse na galeguización dos actos xurídicos documentados. Victorino predicou co exemplo e converteuse no epicentro da galeguización dos protocolos notariais; de vez redactou máis de doce mil titulos de propiedade da concentración parcelaria na comarca do Deza en lingua galega.
Convertera o seu despacho profesional nunha aula de galeguización pola que pasaron moitos centos de persoas. De oficio escribía no noso idioma testamentos, actas notariais, constitución de sociedades mercantís e outros variados documentos. Despois da preceptiva lectura dos instrumentos xurídicos perante os interesados, sempre había alguén sorprendido e desconfiado da súa validez que, iso si, con moito respeto preguntáballe: Don Victorino isto está en galego, e valerá?. Cun sorriso engaiolador, porque o notario de Lalín era un home afable e seductor, dicíalles que si. Ah!, sendo así, non se fale máis, sentenzaban os interesados.
Victorino foi sempre un bo conselleiro para os que acudían á notaria para formalizar un testamento. Suxeríalles a todos que incorporasen unha manda referida á lingua galega que obrigase aos beneficiarios do legado que mantesen enceso o amor pola lingua e a cultura galega que el recibira dos seus devanceiros, para que a defendesen e llela retransmitisen a súa vez aos fillos.
Os protocolos notariais de Victorino son pezas de excelsa literatura xurídica, escritas nunha prosa de esmerado estilo; da mesma calidade que utilizou na escrita das súas obras literarias. Sempre fuxía da vulgaridade, propia de notarios que redactaban con desleixo documentos de tanscendental importancia para os interesados e comunidade familiar. Dese bo facer queda un relato seu publicado no libro “Contos da Xustiza” editado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coa finalidade de animar aquel proceso galeguizador que aínda hoxe debemos seguir promovendo.
O próximo día 5 de abril, ás 13:30 horas, a Irmandade Xurídica Galega, en cuxa constitución puxo Victorino gran empeño, descubrirá unha placa conmemorativa louvando a súa memoria, no edificio núm 8 da Rúa Principal da Vila coa colaboración do Concello.
En xuño, coincidindo coa celebración da asemblea anual da Irmandade Xurídica Galega, está prevista a inauguración dun busto de bronce que será ubicado nas inmediacións da Facultade de Dereito de Santiago a carón do de Fermín Penzol, Rexistrador da Propiedade, para que os futuros xuristas teñan constancia, alomenos, de dúas figuras senlleiras do galeguismo xurídico.
Galicia, un pais no que unha porcentaxe moi significativa da poboación é propietaria dalgún ben, cómpre que o asociemos á lingua galega, formalizando a titularidade rexistral no noso idioma nos instrumentos xurídicos notariais.
*Presidente do Foro E. Peinador.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”