A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Luis García Maña. Foto “Faro de Vigo”

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


Durante moitas décadas os sucesivos gobernos do Estado non lexislaron para que en Galicia a cidadanía puidese utilizar a lingua propia nas súas relacións cos órganos periféricos, nomeadamente coas forzas e corpos de seguridade. Este baleiro lexislativo  provocou  indefensión xurídica. O paradoxal desta situación surrealista é que o 98% dos efectivos policiais no noso país son galegofalantes. Estamos pois perante unha diglosia inducida que ten as súas orixes nun desviacionismo do exercicio do poder que non recoñece a cultura e lingua dun pobo como “patrimonio cultural que será obxecto de especial respeto e proteción” (art. 3 da  Constitución española).

Malía o baleiro legal que comentamos, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística demostrou, no seu tempo, unha vez máis a súa audacia ao promover a sensibilidade dos integrantes de todos os corpos policiais para recoñecer esa realidade desprovista de protección legal.  Foi asi como ano 2007 aproveitando que Carlos Varela era Fiscal Superior de Galicia; os xenerais da Garda Civil, Manuel Ferreiro e Gonzalo Jar;  e Luís M. García Mañá Xefe Superior de Policía, todos eles dotados dunha sensibilidade  excepcional  coa máxima representación institucional que ostentaban, apelou a dinamización de comportamentos acordes cos principios constitucionais.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aquel gran acordo entorno á lingua galega quedou reflectido nunha publicación de esmerada edición, titulada “En galego, con toda seguridade”.  Fora tal o entusiasmo suscitado que tamén  os sindicatos policiais prestáronse a asinar unha Declaración  determinante para a mudanza dos hábitos lingüísticos. En Vigo, por sinalarmos un exemplo, o inspector xefe da Brigada/Grupo de Policía Científica, levou a cabo unha iniciativa inédita coa redación en lingua galega das actas de inspección ocular remitidas aos xulgados, contribuíndo así a galeguizar os procedementos procesuais xudiciais. A escenificación daquel gran acordo realizouse na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos nun acto revestido de toda solemnidade no que participaron preto de trescentos axentes uniformados. Un ano antes editaramos “Contos da Policía”, a primeira publicación no seu xénero, na que membros do CNP participaran con cadanseu relato literario. Nunca tal se vira.

Asi como no 2007 aquela gran operación de achegamento á lingua galega estaba fundamentada unicamente na interpretación do texto constitucional, hoxe o Real Decreto polo que  se crean o Consello das Linguas Oficais e a Oficina para as Linguas Oficiais ofrece unha cobertura legal para desenvolver accións de maior alcance.

Ao abeiro dese texto normativo a Irmandade Xurídica Galega retoma agora aquela experiencia pioneira convocando  unha rolda de entrevistas ás autoridades das forzas e corpos de seguridade coas participacións activas do Delegado do Goberno e a Xunta de Galicia, institucións imprescindibles na concreción e desenvolvemento deste obxectivo. A primeira xuntanza foi coa Xefatura Superior de Policia. O seu titular malia non ser galego manifestou a súa total simpatía e predisposición a recuperar aquela experiencia. Nas próximas semanas  proseguirán os contactos coa Garda Civil, Policia Autonómica, Servizo de Vixianza de Aduanas, Fegamp, e a Academia Galega de Seguridade Pública da Xunta de Galicia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Desta volta a Irmandade Xurídica Galega artellou unha notivadora e fundamentada “Declaración sobre o uso das linguas oficiais nas relación entre a cidadanía e as forzas e corpos de seguridade”. O texto fundamentase no  ordenamento xurídico vixente que regula o uso das linguas lingua nos órganos periféricos do Estado. O texto recolle os  compromisos e implicacións  que serán ratificados polas autoridades competentes  nun acto público que se celebrará  o próximo mes de xuño. Unha oportunidade   para darmoslle  visibilidade á intención de normalizar  o  uso do noso idioma  nos procedementos administrativos e forenses policiais. Actividades que levan parellas a elaboración dunha ferramenta informática  complementaria coa plataforma Atenea que tamén fará posible a normalización da lingua galega nos procedementos procesuais nos distintos órganos xurisdicionais da Administración de Xustiza.

Para garantirmos que estas propostas sexan efectivas e trasnformadoras na súa aplicación, a devandita “Declaración” inclúe un apartado dedicado á “oferta positiva e informativa”, encomendándolles aos axentes policiais o uso do galego ao tempo que informar  do dereito que ten a cidadanía a expresarse na nosa lingua, oralmente e por escrito, na xestión de  calquera trámite. A lingua pode crear confianza ou erguer muros na comunicación entre a cidadanía e as policías, por iso cómpre unha intervención explícita das superioridades xerárquicas que axuden a modificar condutas que perpetúan inercias do pasado que hai que erradicar de vez. A vertebración social do país esixe  dun consenso básico no que a lingua galega sexa un común denominador. Estamos a tempo a reparar o dano causado.

* Presidente do Foro E. Peinador.


Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------