Foto: Nós Diario
Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Un xornalista do Díario de Pontevedra (7 de xullo de 1885) que acompañaba aos liberais en viaxe de propaganda política, comentou que pasaran por Ponteareas, “porque el Sr.Bugallal nos permitío el paso, pues pudo levantar el rastrillo,colocar sus fuerzas en las almenas de su torreón y tratarnos como habitantes del llano”, e engadía mais adiante referíndose ao momento de entrar en Mondariz: “Ya hemos pasado el dominio del Sr. Bugallal y hemos entrado en el del Sr. Peinador. Podemos,pues,respirar”.
De cada un dos Peinador escribíronse senllas biografías que reafirman as rexas personalidades das tres xeracións. O profesor Xosé Barreiro Fernández publicou unha densa biografía de Peinador Vela, (“Murguía y Mondariz”), fundador da saga familiar, desde o seu nacemento ata o falecemento en 1917. Ricardo Gurriarán publicou “Enrique Peinador Lines e Mondariz.Empresa, Turismo e País, editada polo Foro E. Peinador. Recentemente Edicións Laiovento publicou a terceira, “Un demócrata fronte á barbarie fascista. Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940)”, de Francisco Xavier Redondo Abal, que non puido ver lamentablemente editada a obra por falacer meses antes.
Con estas tres achegas bibliográficas queda historiada unha ideoloxía desta familia con perfís ben definidos. Se Peinador Vela foi un entusiasta rexionalista, o seu fillo foi un nacionalista activo, militante cualificado do Partido Galeguista a quen financiou e servíu sen desmaio. Filántropo e mecenas entusiasta de cantas iniciativas galeguistas se produciron antes e durante a II República. O seu éxito empresarial ao fronte da dirección da embotelladora das augas mineromedicinais e o complexo hoteleiro de Mondariz, foi tan exitosa que acadou proxección alén das nosas fronteiras. As rendas da súa solvencia economica púxoas ao servizo da cultura galega.
Financiou institucións que na altura eran o Serminario de Estudos Galegos, Real Academia Galega e a revista “Nós”, publicación esta interrompida durante ano e medio por falta de recursos económicos que sufragou ata a edición do derradeiro número. Os cadros sobre os cegos pintados por Castelao foi un encargo que lle fixo Peinador Lines nun momento de agobios económicos do rianxeiro. O Partido Galeguista encomendoulle tarefas de difícil e delicada execución, por esta razón era coñecido como o “cónsul do galeguismo”. En xullo de 1936 viaxou a Madrid para entregar en sede parlamentaria o proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia. A el débeselle a mediación cos gobernantes republicanos que puxeron fin aos castigos con desterros de Castelao e Alexandre Bóveda. A súa participación foi constante en todos os cónclaves galeguistas que celebraron naqueles anos.
O día 20 do mes de xuño de 1940 morría en Vigo, nun modesto piso da rúa Cuba,despois de sérenlles expropiadas polo réxime franquista todas as súas propiedades como tamén fixeran coas de Portela Valladares e Casares Quiroga. Coñecín e falei co señor que sendo neno vivíu con el; cando lle preguntei sobre as causas do seu falecemento díxome: “o fusilamento do seu fillo en Madrid en abril de 1940 provocoulle un desgusto mortal, e apareceu moto na súa cama unha mañá”. Enrique Peinador Porrúa, exercera a profesión de avogado-fiscal en Madrid. Foi militante de Izquierda Republicana e das Milicias Galegas, organzación que non foi capaz de facerlle fronte ás forzas sublevadas na ofensiva desatada para conquistar Madrid. Foi detido, procesado e fusilado poucos días despois. En Galicia participara nos mítines pro-Estatuto de Autonomía.
No ano 2004 a Corporación municipal de Mondariz a proposta do Foro E. Peinador declarou a Peinador Lines Fillo Predilecto co escandaloso voto en contra do Bloque Nacionalista Galego. Agora, 86 anos despois da súa morte ocorrida o 20 de xuño de 1940 e o fusilamento do seu fillo meses antes, o 27 de abril, o BNG ten unha oportunidade para declarar Fillo Adoptivo do Concello a Enrique Peinador Porrúa, demostrando así a adhesión aos princpios da Lei da Memoria Histórica, reparando o lamentable veto á declaración da honra de Fillo Predilecto para o seu pai.
* Presidente do Foro E. Peinador.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xosé González:
A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell
A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”
A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”
A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”
A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”
A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”
A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”
A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”
A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”
A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”
A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”
A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”















