A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Foto: Voz de Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


O Concello de A Pontenova nomeou Fillo Predilecto a Xosé Antón García Cotarelo. Os motivos para tal honra son os que expuxo na súa proposta dirixida ao Alcalde a Asociación de Funcionarios para a Normalización, que se resume nesta inequívoca cualificación: o seu maxisterio galeguizador foi decisivo para a normalización da lingua galega nos usos administrativos na Xunta de Galicia. O factor desencadeante da dinamización dese proceso  foi a edición monolingüe do Diario Oficial de Galicia, abeirando unha falsa interpretación do alcance da cooficialidade lingúística coas versións a dobre columna en cadanseu idioma como  se viña facendo desde a constitución  da Xunta de Galicia.

Tal suceso aconteceu o día 3 de xullo de 1984. Ese día o Diario Oficial de Galicia publicouse por primeira vez en lingua galega. Un fito decisivo para inculturizar os milleiros de funcionarios que se incorporaban á administración autonómica. Como consecuencia de tal decisión os boletíns oficiais dalgunhas deputacións provincias secundaron o exemplo. O Parlamento de Galicia, tres días despois, fixo o mesmo abandonando a caricatura do alcance da cooficialdidade lingüística coa edición monolingüe do seu Boletín Oficial 

Nestas reconversións lingüísticas tivo moito que ver a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística da que Pepe Cotarelo era socio. Lembro que despois de moito tempo falando da oportunidade de dar esa viraxe, un bo día, no “Mesón Roberto”, un antigo muiño convertido nun exitosos restaurante situado no Campus Sur da USC, Xoaquín Monteragudo, Pepe Cotarelo e un  servidor acordaramos que xa era hora de mudar os hábitos lingüísticos na administración autonómica. Asi pasamos dos ditos aos feitos.

Este proceso de galeguización administrativa ten un antecedente  na “Declaración dos Alcaldes Galegos”, de maio de 1984, promovida tamén pola AFNLG e asinada por rexedores municipais nun acto ben concorrido coa asistencia de 197 alcaldes celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Como anécdota chocalleira cómpre salientar que os catro alcaldes nacionalistas que había en Galicia non a asinaron. Iso si, quixeron participar a súa maneira, recibindo aos convocados cunha pancarta que tiña unha frase ben curiosa: “Non ao bilingüísmo”. Mentían a mantenta, porque a Declaración dos alcaldes tiña unha orientación monolingüe, como aconteceu meses despois coas publicacións oficais antes mencionadas. Tiñan que dar a nota.

Pepe Cotarelo era por entón Secretario Xeral Técnico da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, encargado de coordinadar os demais secretarios xerais técnicos das demais consellerías, labor que facía con auctoritas, potestas, mestría e eficacia. Del dependía a edición do Diario Oficial de Galicia. Os filólogos Xermán García Cancela, Inés Ruibal e Merche Penoucos foron os encargados de que os textos se publicasen coa debida corrección lingüística, fixando as bases dunha linguaxe xurídico-administrativa.

Foi un cualificado Técnico da Administración Civil do Estado destinado no Ministerio do Interior. Ese era o seu aval profesional.  Chegou a Santiago par poñer en pé a arquitectura xurídico-administrativa dunha administración que carecía de persoal cualificado, evitando situacións esperpénticas como aquela na que  durante un día houbo dous Conselleiros de Cultura, Filgueira Valverde e Alejandrino Fernández Barreiro. Publicaran o nomeamento de Alejandrino, pero esqueceran publicar o cesamento de Filgueira.

Pepe Cotarelo amais dun experto  en dereito administrativo no exercicio das súas función foi un culto humanista, coñecedor das linguas clásicas; mesmo podía manter unha conversa en latín e escribilo cun académica corrección. A el débeselle a creación do Servizo de Publicacións da Xunta de Galicia,  que editou vintesete volúmes da colección  baixo o rubro “Clásicos en Galego”. Foi o primeiro proxecto editorial de tradución de textos grecolatinos ao noso idioma, amais doutros manuais moi útiles para divulgar a nosa tradición xurídica.

Pepe García Cotarelo foi o  que artellou a estrutura xurídico-administrativa da Xunta de Galicia, e ambientador de galeguidade dos seus servizos. Malia este esforzo, nunca recibíu a Medalla de Galicia nin a de Castelao; é merecende de calquera delas. Outros con menos méritos foron condecorados con tales distintincións. Nunca é tarde se o señor Presidente da Xunta de Galicia decide concederlle unha delas o próximo ano.

A nós, os amigos da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, cómprenos facer público este recoñecemento. Como dixera Cicerón no seu tratado sobre a amizade, “fagamos polos amigos cousas honestas e non agardemos sequera que nolo pidan”.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”