A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


A celebración do Día da Patria Galega foi concebida como unha data para reflexionar sobre a reconstrución da identidade galega. Con ese obxectivo institucionalizaronse os mitins das arengas  na praza da Quintana nos anos da II República. Os oradores reflexionaban en alta voz posibles iniciativas transformadoras valéndose da pedagoxía, unha ferramenta imprescindible para educar as mentalidades dos asistentes a tales actos.

Agora, en data tan sinalada as expresión da leguidade nos actos convocados son asi: dentro da catedral, na ofrenda ao Apóstolo, onde sempre o delegado rexo, un político, le un texto  solicitandolle ao santo a intercesión para resolver problemas políoticos e sociais  que só lles corresponde ás institución públicas realizar; e, fóra, na praza da Quintana,  os discursos que se pronuncian  son para emendarllela plana ás institucións da Xunta de Galicia. Dúas maneiras distintas de celebralos  que dan que pensar.

Ao fío deste dous estilos de celebracións véñenme ao maxín moitas anécdotas reveladoras que evidencian que estas lirtuxias carecen da eficacia necesaria para alentar a galeguización da poboación. No Día da Patria estes ritos realízanse para consumo interno das  organizacións e institucións convocantes.

Lembro ter asistido a moitos actos de presentación de obras literarias, onde o editor, o autor da obra e a persoa encargada de facer a louva, exaltaban os valores do libro, ao tempo que lles recomendaban aos asistentes que as mercasen. En moitos destes actos as empresas editoras convidaban aos presentes  a uns petiscos e un viño para seguiren mollando a palabra. A contradición era evidente: os envases dos viños estaban etiquetados en castelán. Tan canso estaba de presenciar este esperpento que unha das veces sinaleilles aos organizadores que non podían seguir cometendo tamaña torpeza. Se o libro estaba editado en lingua galega, as etiquetas dos viños tamén. Un dos editores, molesto, reprochoume que fose tan esixente, porque estaba a sacar as cousas de quicio. Estaba claro que aquel señor desentendíanse das alianzas estratéxicas.

Produce decepción e mesmo rexeitamento a conduta daquelas persoas que despois desempeñaren un cargo público, cando volven ao exercicio da súa profesión desbotan práctica do uso da lingua galega. A actual Valedora do Pobo, maxistrada excedente,  por exemplo, cando volva á xudicatura ditará resolucións en lingua galega? Xa se verá. Teño as miñas dúbida fundada nos exemplos precedentes.

Os que asisten ás dúas celebracións do Día da Patria Galega, non son tan afoutos galeguistas/nacionalistas nas relacións sociais.Máis ben relaxan os ímpetus ritualizados e son incoherentes tanto en canto cidadáns e consumidores. Non practican o consumo responsable establecendo criterios de discriminación positiva para favoreceren a empresas comerciais que utilizan a lingua galega. Non facelo así, optando por marcas que marxinan a lingua galega das súas etiquetas é impedir que se galeguice a economía.

 A estes galegos eu diríalles que reparen na historia do país e comproben como houbo empresarios que foron galeguistas, facendo publicidade en lingua galega, como foi o caso do “Almanaque Agrícola ZZ” editado polos Laboratorios Zeltia, en tempos difíciles, en 1952; como un científico da medicina oftalmolóxica, tal é o caso de Antón Beiras, descubridor da forma de corrixir o estrabismo no mundo, foi quen de pubicar o resultado do seu traballo en lingua galega en 1957. Ese mesmo ano, outro médico galego, Xoán Rof Carballo, autoridade na materia da medicina sicosomática, publicou o seu ensaio no noso idioma, “Mito e realidade da Terra Nai”. En 1931 o estudante de Dereito, Fermin Bouza Brey realizou o primeiro exáme académico en lingua galego na historia da USC. O exemplo de moitos empresarios galeguizando os seus negocios e marcas, son actitudes para a reflexión nesta data.

Hai que pasar dos discursos retóricos aos que son transformadores. Só así poderemos converter a cada cidadán, cargo público ou militante político nun activo dinamizador da galeguización. Os ritos sen intencións transformadoras son representacións teatrais que nada aportan ao obxectivo de galeguizar Galicia.

*Presidente do Foro E. Peinador.


Outros ártigos de Xosé González

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------