O plan especial de seca: un plan moi especial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

O abastecemento de auga de boca de Carballiño realizase a partir dunha captación superficial na represa de “Veneres”, situada nas próximidades da confluencia dos ríos Arenteiro e Marañao, pasa á Estación de Tratamento de Auga Potable, situada preto desta, e desde alí bombéase ao depósito da “Reverencia”, situado en Mouriz (Seoane), o cal conecta coa rede de distribución.

Desde o pasado 27 de marzo e ata o 30 de xuño permanece en período de audiencia e información pública a Proposta de proxecto de revisión do Plan Especial de Secas (PES) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o Documento Ambiental Estratéxico referente ao proceso de avaliación ambiental estratéxica asociado ao mesmo. (https://www.chminosil.es/es/informacion-publica-nuevo-plan-de-sequia).

Na Memoria do PES, entre outras consideracións, sinálase que a Unidade de Demanda Urbana (UDU) do Carballiño ten unha demanda anual de auga de 2,646 hm3/ano.

Asimesmo, no que se refire á garantía das demandas de auga, o PES establece que “as UDU de Avión, Carballiño e Salvaterra, presentan problemas de subministración xeneralizada durante os meses de verán… En liñas xerais e para o horizonte 2021 conclúese que o sistema Miño Baixo é suficiente para satisfacer as demandas urbanas existentes, excepto no caso das UDU de Avión, Carballiño e Salvaterra que requiren actuacións para garantir a súa subministración durante os meses de verán”.

Non obstante, o PES defínese como “unha ferramenta de xestión das situacións de seca prolongada e de escaseza conxuntural de recursos hídricos”, que en ningún caso actúa sobre a prevención do problema, se non que se limita a paliar as súas consecuencias. Neste sentido, na súa Memoria sublíñase expresamente que o PES “non é o marco de referencia para a proposta de proxectos de infraestrutura ou intervención física no medio hídrico”, reservando esta función ao Plan Hidrolóxico vixente, correspondente ao período 2022-27, o cal tampouco contempla ningunha intervención que emende a situación na que se atopa Carballiño.

Noutras palabras, recorrendo ao consabido lema forestal de que “os incendios apáganse durante o inverno”, do mesmo xeito, poderíase asegurar que a seca se combate principalmente nas épocas de “normalidade hídrica”, previndo a construcción de infraestruturas que palíen os seus efectos. É dicir, se a planificación deseñada ten como finalidade mitigar o impacto da seca, pero sen definir medidas que atallen o problema antes de que se produza, convirán comigo en que atopámonos ante un Plan Especial de Secas, moi especial.

A situación que se expón é extremadamente grave para Carballiño, que como xa vimos non entraría na planifación hidrolóxica ata máis aló de 2027, por dous motivos. Por unha banda, porque o propio PES, cando avalía os resultados do impacto climático no réxime de secas da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, conclúe que “case todas as proxeccións seguen a tónica xeral dunha maior frecuencia de secas conforme avanza o século XXI”,polo que nos próximos anos poderíase ver comprometida a subministración de auga de boca á poboación.

Por outra banda, porque Carballiño atópase dentro dun proceso de expansión económica cunha transcendencia decisiva no futuro socioeconómico da comarca. A Ampliación do Polígono industrial do Carballiño, cunha nova superficie industrial de 123 ha, unida á xa existente, daría lugar a un gran complexo industrial de máis de 2.500.000 m2, o que supoñería que Carballiño pasaría a ter a cuarta maior superficie industrial de Galicia. Pero a Ampliación do Polígono industrial non sería posible se non se garante a subministración de auga.

Os reiterados incumprimentos dos criterios de garantía da Instrución de Planificación Hidrolóxica na unidade de demanda urbana de Carballiño, correspondentes ao PES de 2018 e ao PES de 2023, amósanse na seguinte táboa:

Como se pode observar nos últimos cinco anos produciuse unha importante deterioración na capacidade do sistema de subministración de auga (Garantía volumétrica = relación entre o volume total fornecido e o volume total demandado), que se manifesta especialmente durante os meses de verán.

En consecuencia, é necesario e urxente que os representantes da nova Corporación Municipal comparezan na audiencia e información pública do PES, que remata nos próximos días, e reivindiquen as actuacións que a propia Confederación Hidrográfica Miño – Sil recoñece que son necesarias para garantir a subministración de auga de boca en Carballiño.



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano