Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

O Servizo de Publicacións da Uvigo publicou no ano 2000 o libro de Luís M.García Mañá “Couto Mixto. Unha república esquecida”, que tivo varias reedicións. Tratase dun traballo de investigación rigoroso sobre as oríxes dunha entidade territorial con personalidade xurídica semellante á dun Estado. Tiña soberanía, goberno e ordenamento xurídico de seu que rexía a organización social daquela comunidade asentada na fronteira entre Galicia e Portugal. Un microestado de 29,6 kms. Forman parte do seu territorio as freguesías de Santiago Rubiás, Rubiás e Meaus. Do outro lado da raia, a freguesía de Tourém, que se comunicaba co Couto Mixto a través do Camiño Privilexiado, chamado así porque os que transitaban por el transportando mercadorías podíano facer libremente sen pagar ningún gravame fiscal, nin seren amoestados polas autoridades fronteirizas.
Este micro estado desapareceu en 1864 por mor da Lei de Lindes acordada polos gobernantes de España e Portugal. A derradeira autoridade -presidente de goberno e xuíz- foi Delfín Modesto Brandón. Disolta a entidade xurídico-política a súa historia foise desdebuxando na brétema do tempo ata quedar ben pouca xente que dera razón da súa existencia; e se o facían era con vaguidades e anécdotas que non contribuían a dar conta daqauela realidade histórica que tivo as súas oríxes na Idade Media. Tal foi a historia difusa do Couto Mixto que a píques tivo de formar parte da lenda, do imaxinario popular, se non fose pola intervención decisiva de García Mañá.
Ao abeiro desta descuberta uns amigos puxemos en pé a Asociación de Amigos do Couto Mixto, un movemento que tivo e segue a ter unha única misión: preservar a memoria dunha parte do país que coas súas xentes constituiron un pobo que tivo a democracia como modo de organización social nun contexto histórico de monarquías absolutistas, negadoras dos dereitos humanos e de eleccións demoráticas. Velaí a transcendencia política no seu tempo do Couto Mixto.
A Asociación de Amigos do Couto Mixto desde hai trinta anos vén promovendo moitas iniciativas destinadas a proxectar nos confíns do mundo a súa existencia, e manter viva nos seus moradores actuais a memoria da súa terra. Levamos ao Parlamento de Europa, ao Congreso dos Deputados e Parlamentos de Galicia e Catalunya iniciativas para o seu recoñecemento. Ao tempo, foise creando un corpus bibliográfico diverso, multidisciplinar. Os medios audiovisuais conribuíron a divulgalo con documentais que se emitiron en moitas canles de televisión e a través das redes sociais.
Nunha recente entrevista que unha representación da asociación mantivemos co Presidente da Deputación comprometeuse a prestar apoio para seguir promovendo o afortalamento do Couto Mixto. Témola promesa, entre outras, de que na Romaría Etnográfica Raigame do próximo ano que se celebrarça en Vilanova dos Infantes contaremos cun espazo propio para amosarlles aos milleiros de persoas que concorren anualmente a esta festa modelo de exaltación da identidade galega unha exposición antolóxica. Outro dos acordos será a colocación de paneis informativos en Xinzo de Limia e Verín.
O Presidente da Deputación prometeunos levar ao pleno da Corporación provincial e aprobar unha moción solicitando a declaración de Territorio Histórico ao abeiro do disposto pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Pero tamén que se solicite dos ministerios de asuntos exteriores español e luso a concesión da dobre nacionalidade a título honorífico para os habitantes do Couto Mixto. Antecedentes hainos; este é o caso de Olivenza, en Badajoz, un territorio arraiano agora integrado no territorio do Estado español, pero que en tempos pertenceu a Portugal. Sabemos que este trámite ten un percorrido político longo e tamén as súa complexas dificultades. Aínda así intentarémolo.
O próximo sábado día 5, ás 12:00 horas, celebrarase en Santiago de Rubiás o capítulo anual da Asociación de Amigos do Couto Mixto coa concesión dos novos títulos honoríficos de Xuíces Honorarios ao Centro Social Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia, por manteren vivas as relacións transfronteirizas; a Asociación de Mulleres Rurais as Raiñas da Picoña, polo labor de cohesión social que veñen realizando ininterrompidamente no tempo; e á entidade Vall d´Arán, de Lleida, cunhas orixes semellantes ás do Couto Mixto, con peculiaridades propias que o Estatut de Autonomía de Catalunya lles recoñece. Asistirá a rcoller a distinción da dignidade de Xuíz Honorario un responsable político daquel territorio con recoñecemento xurídico propio.
* Directivo da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”