Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

A xurisprudencia do Tribunal Constitucional nunha sentenza de 1986 atribúelle ao Estado “competencia para regulamentar os aspectos básicos relativos ao uso das linguas oficiais. A consecuente cooficialidade éo con respecto a todos os poderes públicos radicados no territorio autonómico, sen exclusión dos órganos dependentes da Administración central e doutras institucións centrais en circio senso”. Asi hai que interpretar o alcance que ten o artigo 3.1. da Constitución española.
Por iso en 1989 a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) presentou un recurso de alzada contra as Normas Lingüísticas (restrictivas para a lingua galega) do Instituto Nacional da Seguridade Social. Aquelas Normas liberaban aos funcionarios dese organismo estatal de calquera coñecemento da lingua galega. A resolución do recurso foi favorable ás teses da AFNLG.
Malia este precedente, o Goberno do Estado endexamais abordou a parte que lle correspondía na defensa das linguas cooficiais. Fíxo recentemente coa publicación no BOE do Real Decreto 798/2025 polo que se crean e regulamentan o Consello das Linguas Oficiais e a Oficina para as Linguas Oficiais, que o pasado mes constituíronse en acto público en Donostia.
Esta decisión do Goberno estaba na liña da proposta que fixo a Irmandade Xurídica Galega para que o Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia asinasen un convenio para galeguizar o programa informático ATENEA que lles permita aos usuarios das instancias xudiciais en Galicia tramitar os procedementos procesuais en lingua galega. Tal demanda foi asinada o pasado mes de xullo por máis de cincocentos persoas ( xuíces, funcionarios xudiciais e profesionais do Dereito).
Que o Estado ten competencias en política lingüística non ten dúbidas; contrariamente ao manifestado con perversa teimosía por un sector da opinión pública que seguen a manter que a responsabilidade reside exclusivamente na Xunta de Galicia. Esquecen que no noso país hai ao pé de 25.000 funcionarios públicos da Administración central. Un cantidade suficiente que rema en dirección contraria ao resto das administracións públicas.
Cómpre dicir que na década dos anos oitenta,cando un servidor dirixía o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, conseguíu que Renfe, Telefónica, Correos, Iberia, Aena, Adif…empresas públicas integradas no Instituto Nacional de Industria (hoxe Sepi), aceptasen as propostas que se lle fixeron para que adecuasen os seus servizos en Galicia ao réxime de cooficialidade lingüística, e que a Audiencia Territorial da Coruña ditase a primeira sentenza en lingua galega. A AFNLG en paralelo empurrou o proceso normalizador para que o Congreso dos Deputado aprobase unha disposición para que as leis e reais decretos fosen publicados no BOE nas catro linguas do Estado.
Asemade, conseguíuse do Ministerio do Interior que os cidadáns puidesen utilizar a lingua galega nas dependencias policiais. Tamén a AFNLG contribuíu a que se modificase a Lei do Rexistro Civil, permitindo a galeguización dos nomes e apelidos.
Non esquecimos nesta teima de noso a necesaria modificación das condutas das unidades dos exércitos que aínda seguen sen recoñecer a cooficialidade lingüística nas súas dependencias e trámites burocráticos. Malia seren as forzas armadas unha institución para defender “a integridade territorial” (entendemos por tal a pluralidade existente nel) exclúe, por exemplo, que nas xuras da bandeira non se poidan utilizar os idiomas distintos do castelán, negando tamén a presenza das bandeiras das nacionalidades, proposta que lles fixemos aos grupos parlamentarios do Congreso.
Atribuirlle en exclusiva á Xunta de Galicia as competencias de política lingüística obedece a un interesado reducionismo para facer máis viable a confrontación partidaria.
* Presidente do Foro E. Peinador.
Outros artigos de Xosé González:
A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”
A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”
A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”
Xosé González: “En Galego, agora e sempre”
A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”
A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”
A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”
A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”
A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”
A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”
A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez, médico humanista e galeguista.”
A opinión de Xosé González: “No Lerez, homenaxe a “Barriga Verde””
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”
A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”
A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”
A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”
A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”
A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”
A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”
A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”
Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

















