Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

A aposta por unha Festa do Pulpo cada vez máis masiva, ademais de riqueza para o sector servizos, tamén trae disfuncións ambientais. Os principais impactos ambientais negativos da Festa son tanxibles e obsérvanse con gran facilidade. Calquera puido percibir neses días:

  • O aumento do consumo de recursos (auga, enerxía).
  • A maior adquisición de bens (alimentación, equipamentos…).
  • A multiplicación dos desprazamentos e as súas implicacións entre elas as emisións de CO2.
  • A degradación dos espazos urbanos (ruído, mobilidade, …) e naturais (perda de vexetación, molestias á fauna, residuos, …).
  • O aumento na xeración de residuos (restos de alimentos, botellas, papeis, …).

Á hora de medir o éxito dunha festa, a cantidade de residuos producidos é un indicador máis, algo así como o é o PIB na macroeconomía. Segundo este medidor a Festa do Pulpo deste ano foi todo un éxito de asistencia, como vén sendo costume. Parabens.

Dando unha volta polo pobo e polo espazo do Parque Municipal no que se celebrou a Festa podíase ver bastantes botellas de vidro e botes de aluminio polo chan, xunto a outros restos de plástico ou nos contedores da fracción resto.

Estado dalgunha rúa á maña seguinte da Festa

Co incremento do traballo que tivo a hostalería, suponse que a cantidade de residuos xerada non foi nada desdeñable e bastante máis elevada que o resto do ano. Isto lévanos a facernos algunha pregunta: ¿Non será que a maior traballo de restauración diminúe a intensidade na separación de residuos?

Vertido do lixo sen separar e limpeza da terraza con auga a presión

Por outra banda, no Parque Municipal o persoal de limpeza recolleu os residuos, pero sen seleccionalos, de forma que acabaron no vertedoiro sen realizar ningún tipo de separación. ¿Non hai forma de separar estes materiais?

Recollida do lixo sen separar cunha retroescavadora

Esta situación tamén se sucede noutras festas e celebracións, aínda que a menor cantidade de xente tamén son menos os residuos, pero o problema é o mesmo.

Está moi ben que a Festa do Pulpo sexa a maior romaría de Galicia, pero estaría mellor se tamén fose a romaría máis sostible de Galicia.

Lembremos que, segundo o Programa para o Medio Ambiente das Nacións Unidas, “un evento sostible é aquel que se deseña, organiza e implementa de forma que minimice os impactos ambientais negativos e deixe un legado positivo para a comunidade que o alberga.”

Pero o reto non é sinxelo. Se a introdución de actuacións ambientais en eventos nos que participan miles de persoas é unha tarefa complexa, neste caso existe unha serie de factores que o fan un pouco máis difícil. Vexamos algúns aspectos que dificultan aínda máis a introdución de actuacións dirixidas a facer a Festa do Pulpo máis sostible:

  • Os espazos onde se desenvolven as actividades están dispersos e maioritariamente ao aire libre.
  • Mestúranse intereses lúdicos de diferente tipo, tanto polo espazo no que teñen lugar, segundo desenvólvanse no centro urbano ou no Parque Municipal; pola temática do seu contido, cultural, enogastronómico ou de socialización; ou polo tempo no que suceden, pois poden ser de carácter diúrno ou nocturno.
  • Os asistentes presentan falta de sentimento de pertenza e de arraigamento co espazo e, por tanto, a súa Integración social é baixa.
  • Son moi escasos os precedentes para xestionar de maneira sostible un evento tan singular ou algún asimilable.

Por toda esta complexidade, teranse que planificar xuntas as actividades lúdicas e ambientais para asegurar o éxito de ambas.

Agora toca empezar a preparar a Festa do próximo ano. Para comezar a traballar na incorporación da sustentabilidade na 62ª Festa do Pulpo, hai que partir de que é necesario que o Concello asuma o compromiso político de apoiar este proceso. Por unha banda, recoñecendo a sustentabilidade como un valor central do evento e manifestando publicamente a vontade de poñela en valor durante a súa celebración. Por outra banda, asignando os recursos necesarios para a elaboración e o desenvolvemento dun Plan de Sustentabilidade da Festa do Pulpo.

A incorporación da sustentabilidade na Festa do Pulpo é un proceso que conviría sistematizar, atendendo aos obxectivos e ás accións a realizar, contemplando polo menos as seguintes accións:

  • Designar ao responsable do Plan de sustentabilidade da Festa.
  • Identificar os axentes involucrados para estimular a súa participación (bares, restaurantes, comercios, colectivos sociais, cidadanía, … ).
  • Análise do diagnóstico e definición dos obxectivos de mellora, que poden ser ambiciosos pero que, a curto e a medio prazo, recoméndase que sexan realistas.
  • Seleccionar as medidas designando para cada unha delas quen van ser as persoas responsables da súa implantación, que indicadores van utilizar para definir o seu contido, e a estimación do seu custo de implantación.
  • Desenvolvemento das medidas de acordo con a repartición de funcións asignado na fase anterior.
  • Avaliación e propostas de mellora, tras a celebración da Festa, analizando os datos recollidos e realizando unha avaliación, canto máis participada mellor para dispoñer de diversos puntos de vista, que nos sirva para sistematizar a experiencia.
  • Recoñecemento público das entidades involucradas, facendo partícipe á cidadanía da súa contribución aos resultados obtidos nas diversas actuacións.
A romaría máis grande de Galicia tamén debe ser a máis sostible

O Plan de Sustentabilidade da Festa do Pulpo debe ser un instrumento para converter a maior romaría de Galicia nun magnífico escenario para a sensibilización social e ambiental, nun espazo para a participación e a colaboración entre as distintas  entidades de Carballiño, e nunha excelente ferramenta para impulsar a economía local.



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano