Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

Que a recente edición da Festa do Pulpo foi a de maior afluencia de persoas nos seus 61 anos de historia parece fóra de toda dúbida. Pero chegados a este punto quizais sería un bo momento para pararnos a facer algunhas reflexións.

Sobre as oríxes da Fiesta comenta Felipe Senén que “Era época franquista, máis a festa naceu como un apéndice, como romaría das Festas Maiores do Setembro (1964), aberta a todos, mesmo organizada por iles e servida por familiares, eu mesmo, o Penedo, fillos de concellais e empregados do Concello. Argimiro Marnotes de 1977 -1991, impulsaría máis a festa… Certo é que o Parque sempre se usou pra merendas, comidas de grupos…”.

A diferenza doutras romarías, que teñen a súa orixe nas tradicións populares de Galicia no campo da relixiosidade, as crenzas, etc., neste caso, coa Festa do Pulpo máis ben pretendíase celebrar un encontro familiar e de amizade, con base na gastronomía local, desenvolvido nun singular espazo natural, que sería o broche final das festas patronais e que anunciaba o final do verao.

Co cambio de data de celebración ao segundo domingo de agosto vénse producindo unha progresiva masificación que, nas últimas edicións, podería estar dando lugar a una certa deterioración dos valores fundacionais.

Para identificar algún dos posibles efectos da Festa debemos de partir de que o lugar da celebración é un enclave de especial valor natural, e por tanto dunha elevada fraxilidade. Actualmente a Festa ten lugar ocupando unha superficie dunhas 10 ha, nunha das zonas de maior valor natural do Parque Municipal. Deste xeito, cabería pensar se non hai outras zonas dentro do mesmo que presentan unha maior fortaleza para acoller a algún dos usos máis intensivos da celebración.

As actividades que xeran un maior impacto ambiental son as ligadas ao lecer nocturno. Ao mesmo tempo, este tipo de actividades non é que garden unha especial sintonía co resto das accións tradicionais que se desenvolven na Festa, polo que sería conveniente asignarlle outra localización diferente da que ocupan actualmente.

Así mesmo, o ámbito espacial no que ten lugar a comida oficial é o que alberga ás especies arbóreas de maior valor botánico do Parque, polo que tamén sería desexable que non estivese sometido a usos tan intensivos e se buscáse outro emprazamento para este evento.

Nesta mesma materia tamén cabería considerar se despois de que teña lugar a celebración, ademais de levar a cabo a eficaz recollida de residuos que xa se vén realizando, non sería conveniente levar a cabo algún tipo de tratamento dos chans para contribuír a recuperar as súas funcións biolóxicas.

Por outra banda, a elevada masificación tamén trae consigo que nalgúns aspectos se corra o risco de que a Festa se converta nun evento despersonalizado, en algo así como un festival de verán, nunha masiva algueirada ou, no mellor dos casos, nun fin de semana de copas máis amplo e intenso do habitual.

Non se debe perder de vista que os valores fundacionais son gozar da convivencia familiar ou entre amigos, no marco dos valores tradicionais da cultura galega. Neste sentido, non estaría demais estudar a introducción de melloras que faciliten a funcionalidade dos traballos de intendencia dos asistentes, para favorecer a instalación dos aparellos para as reunións familiares ou de amigos, para evitar que non teñan lugar longas demoras nos avituallamentos, para que se poidan xestionar o residuos correctamente, …

Amais, as festas populares tradicionais en Galicia, son unha mostra característica da súa cultura e polo tanto da súa identidade. Pero esa importancia das festas tradicionais, de algunha maneira, estase vendo ameazada polas novas culturas, novas formas de expresión e actos populares, que sen dúbida enriqueceron tanto socialmente como culturalmente a sociedade, pero que restaron importancia ás tradicións e ás festas populares.

A celebración da Festa do Pulpo supón manter viva unha tradición arraigada na comarca de Carballiño que trae consigo, ademais, dun beneficio socioeconómico para o pobo, un impacto positivo en termos menos medibles de cultura, de orgullo local, de arraigamento e de coñecemento compartido. Por iso, reforzar as manifestacións da tradición e da cultura galega debe ser unha das liñas prioritarias das próximas edicións.

A Festa do Polbo alcanzou unha repercusión mediática nacional e mesmo internacional baseada fundamentalmente na tradición secular e no bo facer dos nos@s pulpeir@s. A simboloxía deste recoñecemento social da Festa, a súa marca, debería estar presente de forma ostensible en todos os actos ou activades que se organicen para a súa preparación, difusión e, especialmente patente, durante as xornadas da propia celebración.

No actual contexto triunfador, a reflexión final podería ser que nestes momentos a principal inquietude quizais non debería ser buscar novas formas de medrar en número de asistentes, se non, avaliar os perigos que conlevaría unha previble saturación.

A alternativa máis razoábel pasaría por analizar como se pode enriquecer a oferta turística para facer un proxecto de maior calidade. Trátase de consolidar o éxito alcanzado, de maneira que nun futuro, se se dan as condicións favorables, se poida pensar en continuar a medrar.

Non se debe esquecer que non é o mesmo crecemento sostido que crecemento sostible, se non que son conceptos diverxentes.

CINCO IDEAS PARA MELLORAR A CALIDADE DA FESTA DO PULPO
Estudar unha localización diferente para as actividades ligadas ao lecer nocturno.
Analizar a necesidade de buscar outro emprazamento para a celebración da comida oficial.
Estudar medidas que melloren a funcionaliade (reunións familiares, quendas, lixo, …).
Reforzar a presenza das manifestacións da tradición e da cultura galega.
Potenciar a utilización da simboloxía identificadora da Festa.


Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano